Acordo cántabro de cambio do calendario escolar. E nós xa falamos aquí desa necesidade hai seis meses

calendario escolar

En Cantabria acaban de variar o calendario escolar, pero na Confederación ANPAS GALEGAS xa o dixemos a principio deste ano que estamos mediando.
A que agarda o goberno galego para abrir este debate no que deberiamos estar todas e todos?
O fundamental é establecer un calendario que beneficie ás nenas e nenos; e ese debe ser o único razonamento válido. As nosas razóns:
– É ilóxico que as festividades dunha confesion relixiosa, por máis tradicional que sexa, estean marcando os tempos de traballo e ocio dos nosos fillos e fillas.
– Defendemos que os periodos de traballo teñan unha duración concordante co capacidade de esforzo das cativas e cativos; e tamén que os períodos de descanso sexan proporcionais ao traballo realizado, e á recarga de forzas precisa para o traballo que se vai facer no seguinte período de traballo.
– Non pode vencellarse o calendario escolar á conciliación, porque quen deben conciliar son os adultos e a normativa laboral, non o alumnado e a normativa educativa. En calquera caso 175 días lectivos contra 225 laborables (aproximadamente) van dan sempre un desfase de 50 días, colóquense onde se coloquen.
– Hai que respectar a tradición, pero a tradición son días de festas populares moi contados no ano, e iso non distorsiona unha organización xeral.
– Non avogamos por eliminar o verán, pero si por circunscribilo a xullo e agosto.
– Na Galiza, neste momento, non é pensable que se inicie nin este debate nin ningún outro de tipo educativo; pero sería desexable.
– En canto á presenza das familias, deberiamos estar presentes en todos os debates educativos, como un actor máis; pero neste en particular debería estar presente tamén a sociedade civil, porque é un debate absolutamente global.

Deixar unha resposta