A forza moral de Nieves

Nieves (a nai de Hadrián) de Malpica non para. Segue co seu, e noso tamén, obxectivo de concienciar e reivindicar unha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

Un exemplo de nai coraxe. A nosa admiración e o noso afecto inquebrantable.

2 reflexións sobre “A forza moral de Nieves

  1. Estou cansa de que me chamen nai coraxe. Non son. Son unha nai como outra calqueira soio que teño unha situacion distinta,esto sen todos vós non seria case nada, polo tanto teño que darvos un millón de graza.E vamos vamos que esta e outra batalla gañada!

  2. Estou de acordo contigo en que entre todos tiramos máis, tamén estou de acordo en que ti te sintas unha nai como outra calquera, e ata entendo que non queiras que te chamen de ningunha maneira.

    Pero a min gustariame que as nais, e os pais, se sentiran como outros calquera desa maneira na que ti te sentes. E tamén que todos entenderan que as peleas son de todas e todos, e para todas e todos
    .
    Quizais daquela non ficariamos sorprendidos porque alguén faga o que ten que facer e pense o que ten que pensar.

    De momento, visto o que hai, recibo a parte que me toca dese millón de grazas, e agradézoa, pero tamén quero que ti recibas as miñas en particular, xa non por facer o que fas, simplemente por non ficar calada e por mirar máis lonxe.

Deixar unha resposta