Que queremos as ANPAs que fagan os concellos en materia educativa?

Concello e Educación

O goberno do Concello ten nas súas mans a administración máis achegada á realidade cotiá, a que máis nos afecta; pero tamén ten o potencial de traballar coas outras administracións públicas para axilizar a relación da cidadanía con institucións moitas veces arredadas ou dificilmente accesíbeis. Por iso, fixemos un catálogo de intencións que desexamos sexa compromiso de calquera partido ou formación que pretenda gobernarnos.

Como nais e pais de nenas e nenos do Ensino Público,  de educación infantil, primaria e secundaria, entendemos que a formación integral, humana e académica, da infancia e a xuventude debe ser o obxectivo principal da administración pública e nomeadamente dos concellos. Tanto desde o punto de vista da competencia propia como dende a perspectiva de intermediarios diante da administración autonómica,  educación debe ser prioritaria nos seus obxectivos, por se a base dunha sociedade xusta e igualitaria.

Ligazón ao documento completo:

Que queremos que fagan os concellos en materia educativa

Deixar unha resposta