Curso en COGAMI sobre accesibilidade nos espazos públicos

 

Confederación de Anpas Galegas en COGAMI

Este pasado luns 24  de novembro, Membros da Confederación de Anpas Galegas e das federacións que a integran asistimos a un curso sobre accesibilidade en espazos públicos no local de COGAMI.

Un dos obxectivos contempla que as ANPAs adquiran os coñecementos necesarios para iniciar un traballo sobre a accesibilidade nos centros educativos  públicos galegos. Dese xeito, poderanse detectar as dotacións ou as carencias que os nosos centros teñen neste eido, e que permiten ou están impedindo a normal e desexada integración nos centros  daquelas persoas que teñen algún tipo de NEAE.

Previamente, acordouse nunha reunión entre a confederación de Anpas Galegas e COGAMI, comezar o deseño dunha etapa formativa que chegará até cada centro educativo participante,  coa maior implicación directa posíbel das nais e pais, do alumnado e do profesorado. Non só se desexa avaliar e mellorar os resultados de accesibilidade que a normativa  legal sinala para os espazos públicos como poden ser os colexios e institutos, senón para que mesmo o traballo que se faga sexa xa un procedemento de participación que fomente a inclusión que todas e todos desexamos.

 

 

Deixar unha resposta