A Consellaría de Educación implanta a LOMCE sen aprobar o decreto para a súa aplicación

interrogacióninterrogacióninterrogación
A Confederación Anpas Galegas expresa a súa crítica pola publicación, no DOG do pasado 14 de agosto, da Orde pola que se regula a implantación da LOMCE en primaria para o curso 2014-15 para facer, segundo as súas propias palabras ” unha translación literal dos preceptos do decreto en trámite “.

Criticamos non só o desprezo institucional da normalidade legal, cando se publica unha orde adiantando un decreto que aínda non está aprobado, dándolle así carácter de innecesariedade a aquela normalide; como tamén á falta de respecto á comunidade educativa cando se pretende que o próximo curso académico se rexa por unha normativa aprobada no momento de menor actividade laboral e social.
Isto fainos temer que a implantación da Lomce, que rexeitamos e rexeitaremos,  vaise facer no noso país sen formación previa ao profesorado, sen un achegamento ás familias da nova realidade que afectará aos seus fillos e fillas, e sen que a sociedade teña a información completa e equilibrada de cómo se vai artellar o profundo cambio que quere supor unha nova lei educativa que vai comezar a súa andaina con este nivel de claridade e preparación.
O comunicado de Anpas Galegas nos medios:
http://www.tvferrol.es/es/noticia.php?n=5753
http://ow.ly/i/6ABCr/original

Deixar unha resposta