Moción sobre o sistema de préstamo universal de libros de texto.

IMG_3226 - copia

Poñemos unha ligazón ao acto de entrega, no rexistro do concello de Ferrol, da moción de ANPAS GALEGAS onde se solicita  a volta ao sistema de préstamo universal de libros de texto. Tamén  engadimos unha ligazón ás imaxes da presentación da moción.

Nesta ocasión, a moción foi presentada polo presidente da confederación de Anpas Galegas, Javier Sánchez, que estivo acompañado por membros das ANPAs, entre eles o secretario da federación de ANPAs de Ferrol, Andrés Vizoso, e representantes do BNG, PSOE e IU.

Como lembraredes, toda a documentación relativa a esta xestión dos libros e material escolar foi entregada nas entrevistas que a directiva da nosa confederación mantivo cos partidos políticos do Parlamento Galego (BNG, PSOE, AGE, PP) para o seu debate e aprobación nos concellos de Galiza. Por agora, non temos resposta, por parte do responsable de educación PSOE, da nosa proposta de presentación desta moción nos concellos.
Recibimos información de que estas mocións xa foron presentadas en diversas localidades como Vigo, Lugo (sabemos que nesta cidade aprobouse a moción co voto favorable do BNG e  PSOE e voto en contra do PP), Ponteareas

Na moción  solicítaselle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a implantación dun sistema de préstamo universal e gratuíto para que o alumnado galego de centros públicos de ensino dispoñan dos libros de texto necesarios para desenvolver a etapa de ensino obrigatorio; na liña do manifestado pola Defensora do Pobo no seu “estudo de outubro de 2013 sobre a gratuidade dos libros de texto” no que recomenda “aplicar preferentemente sistemas de préstamo e reutilización dos libros de texto, pola súa maior eficiencia e menor custe”

Unha reflexión sobre “Moción sobre o sistema de préstamo universal de libros de texto.

Deixar unha resposta