En Anpas Galegas entendemos as ANPAs como entidades de participación, non como prestadoras de servizos


Sinala o presidente de Anpas Galegas, na entrevista de Radio Obradoiro,  que o obxectivo principal da confederación é que todo o traballo conxunto, que desde hai anos vimos realizando diferentes federacións locais, comarcais e provinciais da comunidade teña repercusión a nivel galego. “Levabamos traballando xuntas desde hai varios anos, con contactos periódicos e actuacións conxuntas, polo que decidimos unirnos e facer unha soa voz ante as administracións e ante a sociedade en xeral”.

Así o explica Javier Sánchez, presidente da Confederación de Anpas Galegas, no Diario de Ferrol.

Deixar unha resposta