Anpas Galegas. Un gran paso adiante na defensa do Ensino Público Galego

Hoxe, 10 de decembro de 2013, ás once horas, presentouse en rolda de prensa a nosa confederación; que é a maneira de que a sociedade en xeral reciba a información da nosa existencia e das nosas intencións. Existimos pois oficial e publicamente o que, de asociacións falando, implica maioría de idade e capacidade de reacción.

Presentación Anpas galegas 5 - copia
Na rolda de prensa estivemos todas e todos, tanto na mesa presidencial, porque ten que haber unha inevitablemente, como sentados ao redor, pero todas e todos participando por igual; respondendo ás preguntas da prensa coa mesma implicación e certeza. Ese é un dos nosos sinais de identidade, somos o resultado da suma de todas as federacións, e todas podemos falar no nome do grupo, porque as opinións do grupo son consensuadas e asumidas por todas, como ben se demostrou hoxe.
Fixemos un especial fincapé sobre a nosa diversidade, explicámolo  claramente: representamos ás familias, e dentro delas están todas as ideoloxías e todas as adscricións. Nós non pertencemos a ninguén nin nos subordinamos a máis intereses que os da comunidade educativa no seu conxunto.

Anpas Galegas directiva - copia
Por parte da prensa houbo colaboración; moi salientable a pregunta lóxica de “e agora cara onde mirades no curto prazo?”, cunha resposta múltiple e moi participativa:

miramos á situación presente, moi difícil, moi confusa, moi complexa, porque o noso problema máis inmediato é a LOMCE, e os múltiples recortes educativos que levamos anos soportando; pero non imos deixar de mirar aos problemas de medio e longo prazo na procura dun mellor e máis equitativo Ensino Público Galego; sobre todo para aqueles que afectan aos máis necesitados desa equidade”

En resumo, estamos na rúa, e non temos ningunha intención de marchar para casa.

Unha reflexión sobre “Anpas Galegas. Un gran paso adiante na defensa do Ensino Público Galego

  1. Pingback: Publicaron a LOMCE no BOE mentres nacía a Confederación de Anpas Galegas | Federación de Anpas da Costa da Morte

Deixar unha resposta