PISA: a educación en tempos do neoliberalismo.

 Neoliberalismo no Ensino

Está ben, o alumnado galego está por riba da media española en todos os indicadores PISA (comprensión lectora, alfabetización matemática e alfabetización científica). En comprensión lectora (en castelán) Galiza medra e chega aos 499, o que a converte na sexta comunidade autónoma. Hai  6 anos estaba en 479 puntos, moi por debaixo da media da OCDE (492) e agora está tres puntos por riba. O que indica que o castelán non estaba relegado na escola como sinalan as actuais autoridades educativas da Xunta de Galiza como coartada para eliminar o galego do ensino.

Tamén en ciencia obtén un excelente resultado (7 puntos máis que no 2.006): 512 puntos,  11 puntos por riba da media da OCDE e 16 por riba da media española e sete dende 2006. Só en matemáticas está máis baixo que a media: 489 puntos, cinco menos que a media da OCDE, pero cinco máis que a media no estado. Sigue lendo

Goberno versus goberno

balanzaPisa

Non é a intención desta reflexión avaliar se  PISA debe ser o programa educativo a considerar ou se os tipos de probas dan, realmente, información veraz do nivel do alumnado. Pero, tomando como referencia o Informe PISA, a ministra finlandesa, preocupada polo baixón sobre coñecementos do seu alumnado, decide incrementar recursos para o Ensino Público e de paso crear un foro de consenso con toda a comunidade educativa.

No estado español, onde se amosa que a desigualdade socioeconómica incide claramente na formación do alumnado e nos índices de coñecementos (segundo o propio ministerio), que se fai? Dende logo non se chega a consensos con ninguén…pois xa se ten a escusa perfecta para aplicar a LOMCE e para desmantelar o ensino público en favor dos “grandes negocios” privados…. E ao mesmo tempo converter á cidadanía en xente manipulable sen criterios propios… TODO UN PLAN…

Pero aí estamos nós