Sobre as folgas do alumnado. Posibilidades e xustificación de ausencias no centro escolar

FOLGA DO ALUMNADO

O dereito á folga, establecido no artigo 28.2 da Constitución, é aplicable unicamente ás traballadoras e traballadores, nunca ao estudantado; por esta razón todas as referencias que se fagan posteriormente hai que entendelas con este matiz: falamos de folga porque é o concepto común máis doado de utilizar, pero tecnicamente habería que lle dar outro nome “decisión colectiva de inasistencia a clase” como consecuencia dunha convocatoria formal. Unha sentenza do Tribunal Supremo indica que solicitar un xustificante familiar para que o alumnado a partir de 2º da ESO faga folga é unha vulneración do dereito á folga estudiantil. Sigue lendo

Quen elixe a representantes da ANPA no Consello escolar?

QUEN REPRESENTA Á ANPA.

Marco legal:

Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación:

Art. 7.1: Os Estatutos deberán conter os seguintes extremos:

  1. h) Os órganos de goberno e representación, a súa composición, regras e procedementos para a elección e substitución dos seus membros, as súas atribucións, duración dos cargos, causas do seu cese, xeito de deliberar, adoptar e executar os seus acordos e as persoas ou cargos con facultade para certificalos e requisitos para que os citados órganos queden validamente constituídos.

Sigue lendo

Dereito de representación das ANPA nos Consellos Escolares

consello-escolar

A composición e o número de representantes dos distintos colectivos nos Consellos Escolares de cada centro educativo vén determinado por cada ROC (Regulamento Orgánico dos Centros), e cada un deles establece como e quen os escolle. Dependendo do tipo de centro, CEIP, CPI ou IES e do número de unidades que ten o centro, varía o número de representantes de cada colectivo. A continuación e no que respecta á representación das nais/pais de alumnas/os, faise un resumo: Sigue lendo

Información para as ANPA sobre o certificado de delitos de carácter sexual

datos

O artigo 13.5 da LO de protección xurídica do Menor, segundo a redacción dada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á  infancia e á adolescencia, establece que:

“Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra da liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocacións sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para este efecto, quen pretende o acceso a tales profesións, oficios ou actividades, deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais”

Máis datos:
informacion-para-as-anpas-sobre-o-certificado-de-delitos-de-natureza-sexual-e-voluntariado