Presentamos a proposta de Educación Hospitalaria e Domiciliaria no Consello Escolar de Galiza

O vindeiro xoves día 23 do presente mes, a Confederación ANPAS GALEGAS defenderemos ante a Comisión Permanente do Consello Escolar de Galiza a necesidade de que o Pleno dese órgano debata a aprobación dunha proposta de resolución presentada por esta Confederación na que solicita ao señor Conselleiro de Educación a creación dunha mesa de traballo que redacte unha proposta normativa que garanta o dereito das nenas e nenos en idade escolar que, por mor dunha longa enfermidade ou lesión, non poden asistir regularmente ou durante un período de tempo prolongado ao centro educativo. Sigue lendo

Informe sobre o pleno do Consello Escolar de Galiza do 20 de decembro de 2016

INFORME SOBRE O PLENO DO CONSELLO ESCOLAR DE GALIZA DO DÍA

O Pleno do Consello Escolar de Galiza celebrado o día 20 de decembro de 2016 en Santiago de Compostela, deu comezo ás 17:00 horas, en segunda convocatoria, coa asistencia de 27 membros (26 con dereito a voto ao non terse en conta o Secretario), dos 49 membros (48 con dereito a voto) que, na actualidade, forman parte deste órgano de participación.

O primeiro punto da Orde do día foi a aprobación da Acta da sesión anterior (celebrada o 15 de marzo). A Acta foi aprobada cunha corrección proposta por ANPAS GALEGAS. No cuarto parágrafo da última páxina da Acta (a número 7),dicía textualmente: Sigue lendo