Xuntanza con Lidia Senra e Asemblea Xeral da confederación ANPAS GALEGAS

Xuntanza con Lidia Senra

Meteuse o Entroido polo medio, e coa acumulación de traballo posterior, case esquecemos contar o que fixemos o pasado 5 de febreiro, pois aí vai.

Comezamos a tarde cunha xuntanza con Lidia Senra, a eurodeputada galega da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), estivemos falando da permanente reivindicación dunha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria. Contámoslle cal é a nosa pretensión: constituír unha mesa de traballo para abordar un novo capítulo neste eido, mesa na que queremos participar xunto con todos os sectores implicados , moi nomeadamente cos representantes da Xunta de Galicia, pero tamén con representantes da Facultade de Ciencias da Educación, e sobre todo con todos aqueles docentes que teñen experiencia neste tan difícil traballo, e tamén con antigos doentes que agora poden achegar as súas vivencias cando pasaron por esta dura situación. Sigue lendo

ANPAS GALEGAS na semana da Educación da USC

ANPAS GALEGAS nas xornadas educativas da USC

Continuando co noso traballo na procura dunha nova, e completa, normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria para os casos de longa enfermidade, intervimos na Semana da Educación da USC.

Falamos da actual situación da atención hospitalaria e domiciliaria (tramo horario desde 01:00:00 a 01:26.50 e de 01:54:24 a 02:12:00) e dixemos que precisamos unha normativa completa e complexa que clarifique o modelo de atención educativa e que deixe sentadas as bases dunha atención eficaz.  Incidimos nos dereitos, necesidade de profesionais e materiais  que permita a continuidade do ensino por riba das circunstancias médicas puntuais que poidan afectar ao alumnado. Sigue lendo

Subvencions da secretaría xeral da igualdade – entrevista coa secretaria xeral

igualdade

Onte, 22 de xaneiro, houbo unha xuntanza na que estivo presente a nosa Confederación, representada neste caso pola nosa Secretaria, Bertila Fernández, e polo noso Vicepresidente, Fernando Lacaci, e a Secretaría Xeral da Igualdade, quen estivo acompañada pola Subdirectora Xeral de Promoción da Igualdade.

A xuntanza veu promovida pola reclamación da Confederación ANPAS GALEGAS diante da convocatoria de axudas para a realización, polas ANPA, de programas de actividades extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación; e polo que nós entendiamos como un grave erro na convocatoria, ao forzar ás ANPA a recoller datos de carácter tan estritamente privado e comprometido como son as declaracións de IRPF das familias usuarias desas actividades. Sigue lendo

Entrevista a Javier Sánchez, presidente de ANPAS GALEGAS

No programa “espacio aberto” falou, entre outros temas, da función das ANPAs, de como debe ser unha adecuada xestión dos comedores escolares; da necesidade de aprobar unha normativa  lexislativa que permita a correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade; dos recortes escolares, da situación do colexio Recemil…

ANPAS GALEGAS: a nosa visión do sistema educativo non coincide coa de José Antonio Marina.

Javier Sánchez, ANPAS GALEGAS

O presidente da Confederación ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez, sinala que a postura de J.A. Marina é un intento máis de desprestixiar o Ensino Público, ademáis dunha perversión

No programa “El coruñés opina” o presidente da confederación ANPAS GALEGAS  afirmou que é necesario dotar, en primeiro lugar, ao sistema educativo dos medios e recursos necesarios, e aos docentes da formación (inicial e continua) precisa, ademáis de ponderar as súas condicións de traballo dentro e fóra do aula, antes de facer outro tipo de avaliacións. Sigue lendo

Día do Ensino: a difícil tarefa de participar na Educación

Día do Ensino

Día do Ensino

Hoxe, 30 de outubro, é o día do Ensino; e o conselleiro de educación lémbranos que é unha xornada no que toda a sociedade bota unha ollada ao seu redor, revisa e renova o compromiso coa instrución e coa formación; pero realmente só é unha xornada non lectiva, onde ninguén olla para ningures porque as canles de revisión e renovación están pechadas, como os colexios nun día como hoxe, no que por ser a súa festa deberían estar abertos a toda a comunidade educativa para utilizalos como lugar de reflexión, debate e traballo sobre o ensino que queremos, e sobre o ensino que estamos facendo. Sigue lendo