Reclamamos, novamente, volver ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar

libros-de-texto

Fin de curso e debate sobre libros de texto é un clásico nos últimos anos, dende que a Xunta de Galicia rompeu o consenso existente en toda a comunidade educativa ao redor do modelo de préstamo universal e gratuíto.
A Confederación ANPAS GALEGAS, coma todos os anos, coma sempre, novamente reclamámoslle á Xunta de Galiza volver ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar:

 

Volvamos ao sistema de préstamo universal e gratuíto porque é máis eficaz e máis barato para os fondos públicos, porque pon en valor o Ensino Público Obrigatorio como unha realidade que a sociedade toda ten que defender e dentro da que todas e todos se educan en igualdade, porque reduce a burocracia dos colexios e da propia Xunta de Galicia; e, sobre todo, porque é o que queremos as familias, e toda a comunidade educativa, que deberamos ser para quen se fixeran as normas baixo as que convivimos. Sigue lendo

É o momento de cumprir coa gratuidade do ensino e retomar o sistema do préstamo universal de libros de texto

libros-de-texto

Lemos estes días na prensa que o goberno galego vai investir unha considerable cantidade de diñeiro público en diferentes políticas sociais e nun número importante de melloras nas infraestruturas educativas.

 
Preguntámonos se non sería agora o momento de cumprir o mandado constitucional da gratuidade do ensino e retomar o exitoso sistema do préstamo universal de libros de texto, o que xuntaría a mellora social coa mellora educativa, porque é un sistema que:

 
– Defende a economía familiar.
– Iguala en oportunidades a todos os nenos e nenas galegos.
– Introduce na educación da infancia e xuventude os valores da reutilización e da conservación dos bens comúns, e reforza a conciencia de pertenza ao grupo ao responsabilizarse do estado de recepción e entrega do libro compartido.
– Retira ao libro de texto parte do seu carácter mercantil para outorgarlle fundamentalmente un carácter de recurso educativo.

Documento completo: SOLICITUDE VOLTA AO PRESTAMO UNIVERSAL-PRESIDENTE E CONSELLEIRO

Aprobada en Ferrol a moción da Confederación ANPAS GALEGAS sobre o sistema de libros de texto

Ferrol libros de texto

Aprobada en Ferrol a moción da Confederación ANPAS GALEGAS e da Federación de ANPAS de Ferrolterra esixindo á Xunta de Galiza a volta ao sistema de préstamo universal, solidario e gratuíto de libros de texto e material escolar. Presentou a mesma o presidente da Confederación Anpas Galegas Javier Sánchez.

Contamos co apoio de  Ferrol en Común, BNG e PSOE.

Relixión en bacharelato e as axudas de libros en setembro

libros-de-texto

Comezamos un novo curso escolar xa en infantil e primaria, e pronto habemos comezalo en secundaria e bacharelato; coma ven sendo cotián nos últimos anos, o principal problema deste comezo de curso é a insuficiente dotación de profesorado, que provoca rateos en moitísimas ocasións por riba do establecido legalmente, que provoca desatención para as necesidades especiais e que impide ese punto de atención suplementaria que faría que moitos dos nosos alumnos e alumnas se incorporasen con normalidade ao ritmo dos seus compañeiros e compañeiras, no canto de ser suxeitos fáciles do fracaso escolar.

Porén, hoxe quixeramos facer fincapé en dúas cuestións que, malia ser moi diferentes, constitúen, por urxentes e localizadas,  unha problemática que podería ter unha moi doada solución: Sigue lendo

Respondendo a J. M. Pinal, director xeral de centros da consellería de Educación

????????????????????????????????????

O xornal “La Voz de Galicia” publicou o pasado domingo unha entrevista ao director xeral de Centros da consellería de Educación, José Manuel Pinal, no que pon na súa boca unhas afirmacións que quixeramos respostar.

1.-  En Galicia existen dúas confederacións de ANPAs de centros públicos, con diferente ámbito xeográfico e moi identificadas en cadansúa zona, cando o sr. Pinal fala de que “unha das confederacións di en privado o contrario do que manifesta publicamente” está abrindo sobre as dúas a dúbida sobre ese comportamento.

Na Confederación ANPAS GALEGAS, e sen poñer en dúbida a actuación da outra confederación que responderá pos si propia, todo o que dicimos está publicado para que o lea calquera que o desexe, e as nosas intervencións públicas responden sempre á mesma liña de traballo, que tamén temos publicada. Sigue lendo

As concentracións a prol da gratuidade dos libros de texto e o material escolar en imaxes

A Confederación Anpas Galegas organizou varias concentracións expansivas ao longo de todo o País.  En Compostela, Vigo, Lugo, Ferrol, Cangas, Ponteareas, Vilalba, Mos, Redondela, Cee ou Carballo tiveron lugar as concentracións para protestar polo inxusto  cambio de criterio no préstamo de libros de texto. En Anpas Galegas afirmamos que o Ensino Público Galego é unha realidade imprescindible na nosa vida, é a garantía de que as nosas fillas e fillos teñan futuro, e que todas e todos o teñan nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos.

Denunciamos que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a eles. Por iso,  queremos a volta ao sistema de  préstamo universal e gratuíto como explica o presidente da nosa confederación no programa de radio da COPE (minuto 20.59 en adiante).

Imaxes das concentracións.