Presentamos a proposta de Educación Hospitalaria e Domiciliaria no Consello Escolar de Galiza

O vindeiro xoves día 23 do presente mes, a Confederación ANPAS GALEGAS defenderemos ante a Comisión Permanente do Consello Escolar de Galiza a necesidade de que o Pleno dese órgano debata a aprobación dunha proposta de resolución presentada por esta Confederación na que solicita ao señor Conselleiro de Educación a creación dunha mesa de traballo que redacte unha proposta normativa que garanta o dereito das nenas e nenos en idade escolar que, por mor dunha longa enfermidade ou lesión, non poden asistir regularmente ou durante un período de tempo prolongado ao centro educativo. Sigue lendo

ANPAS GALEGAS na semana da Educación da USC

ANPAS GALEGAS nas xornadas educativas da USC

Continuando co noso traballo na procura dunha nova, e completa, normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria para os casos de longa enfermidade, intervimos na Semana da Educación da USC.

Falamos da actual situación da atención hospitalaria e domiciliaria (tramo horario desde 01:00:00 a 01:26.50 e de 01:54:24 a 02:12:00) e dixemos que precisamos unha normativa completa e complexa que clarifique o modelo de atención educativa e que deixe sentadas as bases dunha atención eficaz.  Incidimos nos dereitos, necesidade de profesionais e materiais  que permita a continuidade do ensino por riba das circunstancias médicas puntuais que poidan afectar ao alumnado. Sigue lendo

Falamos coa Valedora do Pobo o 8 de xaneiro

Visitamos o Parlamento Galego con Nieves

Continuando co noso traballo na procura dunha nova, e completa, normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria para os casos de longa enfermidade, hoxe, 8 de xaneiro de 2016, estivemos coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, e coa coordinadora da área de educación da institución, Beatriz González.

A reunión pedímola nós non hai moito tempo, agradecemos a rápida atención, ao mesmo tempo que entregabamos unha queixa na oficina, como un xeito de iniciar a súa actuación sobre a realidade da desatención na que están os nenos e nenas enfermos de longa duración no que se refire ás súas necesidades educativas. Sigue lendo

Presentamos unha queixa na oficina da Valedora do Pobo. Demandamos o acceso á Educación Domiciliaria e Hospitalaria

Visita á valedora do Pobo

Hoxe, 18 de novembro, estivemos na oficina da Valedora do Pobo, xunto con Nieves Villar, a quen non cansamos de agradecer a súa disposición a poñerlle nome e imaxe ás nosas reivindicacións, para presentar unha queixa.

A nosa intención é que a Oficina da Valedora inicie un traballo, dende a súa privilexiada posición, para recoller información, investigar cal é a realidade, e tirar as conclusións que mereza a actual situación da educación hospitalaria e domiciliaria.

ESCRITO Á VALEDORA DO POBO

Sigue lendo

Imaxes e vídeos da cadea humana en Malpica e Compostela

 Lectura manifesto

Onte, 12 de decembro, ás 12 da mañá, estivemos en Malpica facendo unha cadea humana, reclamando unha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria; segundo vos fomos informando en anteriores  comunicados.

Estivemos acompañando a Nieves Villar, e ao seu fillo Hadrián, a quen lle agradecemos constantemente que estea personalizando esta campaña da Confederación ANPAS GALEGAS, e ofrecendo a súa imaxe para representar a todos os nenos e nenas galegos nesa situación.

Podes acceder á lectura do manifesto, a vídeos e fotos da cadea humana clicando nas seguintes ligazóns:

Galería (fotos e vídeos) da cadea humana en Malpica de Bergantiños

Lectura do manifesto na cadea humana do sábado, 12 de diciembre de 2015

Vídeo da cadea interminábel

Cadea humana das mulleres de ferro, mulleres do cerco en Compostela

12 do 12, ás 12 (en Malpica e Compostela)

cartaz cadea humana Malpica - 12 do 12 ás 12

Convidamos a todas as persoas a participar nunha cadea humana en Malpica (12 de decembro de 2015, ás 12 da mañá) a prol dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

Ese mesmo día, as mulleres dos mariñeiros do cerco farán cadea en San Caetano, ás 12 dese mesmo día para solidarizarse con aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade. Sigue lendo