Entrevista a Javier Sánchez, presidente de ANPAS GALEGAS

No programa “espacio aberto” falou, entre outros temas, da función das ANPAs, de como debe ser unha adecuada xestión dos comedores escolares; da necesidade de aprobar unha normativa  lexislativa que permita a correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade; dos recortes escolares, da situación do colexio Recemil…

Fomos á manifestación de Queremos Galego o 8 de Febreiro

Idioma meu, homilde, nidio, popular,

labriego, suburbial e mariñeiro

que fas avergoñar

ó burgués, ó señorito i o tendeiro:

levas sangue de povo e raigañas escuras

que anuncian un día novo

sin mágoas nin tristuras.

Pois sen mágoas nin tristuras como dixo Manuel María, senón con orgullo e afouteza, con seguridade e ledicia estivemos o 8 de febreiro polas rúas de Compostela, con milleiros de galegas e galegos coma nós, que aseguraban o seu dereito, e a súa decisión, de manter a nosa lingua viva para nós e para as fillas dos nosos fillos, para o futuro, para os que veñan detrás de nós, cal é a nosa obriga histórica e  o noso compromiso persoal. Sigue lendo

Anpas Galegas explica en que consiste o sistema universal de libros de préstamo para o alumnado e as súas grandes vantaxes.

Javier Sánchez, presidente de Anpas Galegas, comunica no espazo televisivo Espazo Aberto que comezamos unha campaña de demanda social na que as asociacións de nais e pais de alumnos deste País, diremos publicamente que a administración educativa galega sexa quen proporcione o material escolar e os libros de texto.

A Confederación de Anpas Galegas esixiremos que a consellaría de Educación o faga sen subvencións nin cheques, senón mediante un sistema de préstamo que asuma realmente o ensino obrigatorio gratuíto, participe tamén na difusión dos valores da reciclaxe, do coidado e do traballo en equipo entre a nosa xuventude. E ademáis é máis económico, tamén para a administración.

Resposta a xornalistas na rolda de prensa de presentación pública de Anpas Galegas

Anpas Galegas en Espazo Aberto

Na entrevista, o presidente da Confederación de Anpas Galegas fala dos orzamentos 2.014 da Xunta de Galiza para o ensino, da xestión dos comedores, da LOMCE, do funcionamento da nosa confederación, da necesidade de consenso para crear unha normativa legal que defenda realmente o ensino público de calidade.

A presentación da Confederación de Anpas Galegas

Na presentación da Confederación de Anpas Galegas puxemos en coñecemento da sociedade que a Confederación é o resultado de varios anos de traballo en común e de experiencias compartidas das diversas federacións que a integramos.
Anpas Galegas xorde tras a procura dunha igualdade de criterio naqueles aspectos de maior transcendencia, de xeito que puidésemos formar unha voz común que defenda o ensino público, unha voz sustentada nunha ampla base social. Sigue lendo