Xornadas nas federacións de ANPAS GALEGAS

Clica nas imaxes para recoller toda a información sobre as xornadas formativas: Sigue lendo

Taller de comunicación con asertividade para nais e pais

Taller de ASERTIVIDADE para nais e pais que se realizará en distintas localidades da provincia de Lugo.
Máis datos no cartaz e en Fapacel Lugo.

Xornadas Formativas e actividades en ANPAS GALEGAS

Xornadas formativas, lugares e datas da realización Sigue lendo

FOANPAs reclama unha zonificación xusta

zonificacion-xusta

Poñemos á vosa disposición documentación relacionada coa rolda de prensa de FOANPAS e os comunicados da primeira manifestación convocada sobre a zonificación en Vigo. Engádese:

–          Texto da rolda de prensa, na que se solicita o estudo da adscrición na cidade de Vigo e a dimisión ou cese do Xefe Territorial D. César A. Pérez Ares.

–          Mapa que amosa a situación actual da adscrición na nosa cidade

–          Comunicado conxunto asinado polas ANPAs dos centros públicos, de primaria e secundaria de Vigo.

comunicado-rolda_prensa-foanpas

comunicado-zonificacion-foanpas

mapa-zonificacion-en-a3

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/09/13/foanpas-denuncia-zonificacion-obsoleta-e/1532164.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/09/13/padres-alumnos-salen-calle-vigo-reclamar-plazas-institutos/0003_201609V13C2994.htm

@FoanpasVigo pide un estudio sobre la adscrición de plazas para evitar que los niños de Navia tengan que ir al instituto a 10 km

 

Educar con sentido común

educar con sentido común

Cando decidimos ser nais ou pais non se esixe facer un cursiño e obter a calificación de apto ou non apto. Educar un/ha fill@ conleva moita responsabilidade, dedicación e cariño. Dende FOANPAS comunican que son coñecedores da preocupación das familias do ENSINO PÚBLICO por educar do mellor xeito posible @s nos@s cativos, e tamén do valor do tempo como ben escaso, por elo inician unha nova liña de formación: propor a lectura dun libro por trimestre e logo ter un faladoiro sobre o mesmo. Esta opción permite: Sigue lendo

Roteiro pola defensa do ensino na montaña e no rural

12 (1)

Desde hai varios anos as familias do alumnado da montaña de Lugo veñen reivindicando que non se descoide a formación académica das súas nenas e nenos por parte da Consellería de Educación, e din reivindicando porque se está descoidando…como todo o rural. Ano tras ano vemos como recortan medios aos colexios, suprimen prazas do profesorado, que dificilmente se van volver crear, porque esa supresión está baseada nos ratios e en criterios económicos (e coa crise económica isto empeorou) e,desgraciadamente o alumnado vai diminuíndo.
Desde hai varios anos as familias do rural, e con elas a federación provincial de ANPAS de Lugo FAPACEL, piden unha discriminación positiva para estas zonas, como son Cervantes, Navia de Suarna, Courel, Incio, Samos… Sigue lendo