II Xornada da diversidade en Santiago de Compostela. O acoso escolar

Lembra que a inscrición é a través da páxina http://bit.ly/XornadaAnpasAcoso antes do 25 de outubro.

Descarga o programa II Xornada da diversidade – O acoso escolar

Se precisas máis información, contacta con nós en neae.anpas.compostela@gmail.com
Prazas limitadas.

Aprender do noso

Estes días, no medio do fume e das imaxes da vida ardendo que están a difundir todos os medios de comunicación; de entre as palabras duras e os feitos inaceptables que escoitamos e vemos; movéndonos entre a compaixón con aqueles que o perderon todo e a solidariedade con todos os que están a traballar para sacar adiante esta Terra. Nós, ás familias galegas, pensamos tamén en cales son as causas que moven a unha sociedade a manter no seu seo a quen de acotío a ataca e prexudica. Sigue lendo

Xornadas ANPAS GALEGAS sobre a atención á diversidade, en Carballo

PROGRAMA DAS XORNADAS ANPAS GALEGAS SOBRE A DIVERSIDADE

Descargar PROGRAMA DAS XORNADAS “ANPAS GALEGAS SOBRE A DIVERSIDADE”

AUDITORIO DO FORUM – CARBALLO
5, 6, 7 OUTUBRO 2017

Reunión do Grupo do Plan Específico para o Rural Galego en Laxe.


Facemos un pequeno resumo da reunión que mantivemos na Lagoa de Traba de Laxe o xoves 20 de xullo de 2017.

Comezamos o encontro explicando (Javier Sánchez, presidente da confederación ANPAS GALEGAS) a reunión mantida cos distintos grupos políticos parlamentares.
Alí falóuselles da necesidade de creación dun Plan Específico para o rural galego.

En Traba de Laxe aprobouse: Sigue lendo

Comunicado do Ceesg en relación á reorganización de centros educativos

O Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia súmase ás reivindicacións que a confederación ANPAS GALEGAS, Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e toda a comunidade educativa vimos realizando en relación á reorganización de centros educativos promovida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Sigue lendo

Publicado o decreto de “reorganización de centros”

Está publicada a “reorganización de centros docentes” no DOG de hoxe; na práctica é a consolidación formal dos peches contra os que protestamos na grande mobilización do día 29.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/22685

Isto quere dicir: Sigue lendo