Benvido 2018


Sabemos todas que as familias, mentres temos á mocidade da casa estudando, non vivimos por anos naturais, vivimos por cursos escolares, e para nós a fin de ano é unha festa que está nun ámbito diferente de onde situamos ao Ensino Público; por iso, ás veces, esquecemos que fin de ano, á parte de ser o momento no que facemos propósitos de boa vontade, tamén é o momento de expresar arelas que poidan cumprirse, non quizais co Aninovo, pero si con Orzamento Novo. Sigue lendo

Vixiar os grupos de Whatsapp das nosas fillas e fillos?

AS ANPAS GALEGAS NON ANIMAMOS ÁS FAMILIAS A VIXIAR OS WHATSAPP DAS SÚAS FILLAS E FILLOS.

Hoxe aparece na prensa un titular xenérico, “as ANPA animan aos pais a vixiar os wasaps dos seus fillos”, baixo o que nós non podemos acubillarnos; sen dúbida é a opinión dalgunhas organizacións de nais e país.

Pero nós non somos esas ANPA, na Confederación ANPAS GALEGAS non estamos de acordo con esa opinión publicada. Sigue lendo

BOAS FESTAS!

De móbiles, uniformes e autonomía

Hai polémicas que xorden cada ano coma se fosen especies vexetais que aparecen nas leiras da sabedoría colectiva, regresan por nadal, ou noutrora se cadra, e volvemos a dar as mesmas respostas as mesmas vellas preguntas, coma se non tiveramos xa debatido unha e outra vez sobre o mesmo ao longo dos anos.

E así, as ANPAs levamos anos falando de móbiles, de se deben entrar nas clases ou non, de se deben permitirse dentro dos recintos escolares pero fóra das aulas, de se teñen unha utilidade pedagóxica e poden condicionar ou variar a fórmula máxica da aprendizaxe, de se poden ser unha ferramenta útil para sumarse as ferramentas xa existentes, etc, etc. Sigue lendo

Hoxe en Compostela, DEBATE SOBRE OS DEBERES ESCOLARES na Cidade da Cultura.

Onde?
Auditorio Neira Vilas
Biblioteca Arquivo de Galicia.

Representando á Confederación ANPAS GALEGAS participará o vicepresidente, Fernando Lacaci.

DEBERES ESCOLARES

1. Qué entendemos por deberes? Sigue lendo

Asemblea xeral do 1 de decembro de 2017


Tivemos a nosa Asemblea Xeral bimestral, como de a cotío, para tratar desta volta da nosa presenza nos diferentes organismos nos que estamos a traballar:

Consello Escolar de Galiza, Consello Galego da Convivencia, Rede Galega de Educación e Desenvolvemento Rural.

Tamén falamos de dúas realidades que afectan ao noso ámbito educativo. Sigue lendo