Xornada Escola Rural en Poio (Pontevedra)

Asistimos á  xornada escola rural en Poio (Pontevedra) onde  espuxemos a postura da confederación ANPAS GALEGAS.

Fixemos referencia á responsabilidade que ten a Xunta de Galiza de por en marcha plans específicos do rural galego, contando coas demandas da comunidade e tendo en conta as súas necesidade, garantindo sempre os seus dereitos.
Despois de levar varios anos pedindo que non supriman prazas de profesores e de ver como a formación das nosas fillas e fillos pende dun fío, necesitamos a implantación dun “PLAN EDUCATIVO ESPECÍFICO PARA O RURAL E A MONTAÑA”. Sigue lendo

II Xornada da diversidade en Santiago de Compostela. O acoso escolar

Lembra que a inscrición é a través da páxina http://bit.ly/XornadaAnpasAcoso antes do 25 de outubro.

Descarga o programa II Xornada da diversidade – O acoso escolar

Se precisas máis información, contacta con nós en neae.anpas.compostela@gmail.com
Prazas limitadas.

Aprender do noso

Estes días, no medio do fume e das imaxes da vida ardendo que están a difundir todos os medios de comunicación; de entre as palabras duras e os feitos inaceptables que escoitamos e vemos; movéndonos entre a compaixón con aqueles que o perderon todo e a solidariedade con todos os que están a traballar para sacar adiante esta Terra. Nós, ás familias galegas, pensamos tamén en cales son as causas que moven a unha sociedade a manter no seu seo a quen de acotío a ataca e prexudica. Sigue lendo