Reunión do Grupo do Plan Específico para o Rural Galego en Laxe.


Facemos un pequeno resumo da reunión que mantivemos na Lagoa de Traba de Laxe o xoves 20 de xullo de 2017.

Comezamos o encontro explicando (Javier Sánchez, presidente da confederación ANPAS GALEGAS) a reunión mantida cos distintos grupos políticos parlamentares.
Alí falóuselles da necesidade de creación dun Plan Específico para o rural galego.

En Traba de Laxe aprobouse:
– un documento (barallouse a posibilidade de denominalo Documento de Traba) pendente da redacción definitiva, sobre as estratexias e medidas específicas que deben levarse a cabo para o desenvolvemento integral do rural, que defenda e atenda as necesidades específicas e dea cabida ás demandas da poboación.

– A constitución dun grupo multidisciplinar, multisectorial, de traballo colaborativo (con personalidade civil ou social) que impulse a defensa do rural como obxectivo común (como un “todo”, no que tamén se inclúe a defensa do ensino público galego específico ás características propias do rural).

Suliñouse a necesidade de que a consellaría de Educación estableza unha moratoria na redución que impuxo de unidades escolares, profesorado e recursos, pois para o desenvolvemento do rural é imprescindible contar con centros educativos para a poboación en idade escolar.

 

O seguinte encontro terá lugar o 21 de setembro, en Boimorto.

Unha reflexión sobre “Reunión do Grupo do Plan Específico para o Rural Galego en Laxe.

  1. Pingback: Participamos na reunión do Grupo do Plan Específico para o Rural Galego en Laxe. | Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte

Deixar unha resposta