Queredes ser parte da Confederación ANPAS GALEGAS?

Moitas ANPAs do noso País chaman e escriben de a cotío para saber como participar do proxecto desta Confederación, outras non o fan porque descoñecen cal é a vantaxe de se agrupar con outras asociacións de nais e pais, ou mesmo porque pensan que a finalidade deste movemento asociativo só ten lóxica no ámbito do seu centro escolar.
Por iso, dun xeito breve, queremos darvos unha pequena información, e tamén achegarvos o xeito de contactar connosco e participar directamente neste proxecto. Sigue lendo