Escolarización, e separación, dos múltiples nos centros de ensino galegos

O pasado 23 de xuño, mantivemos unha xuntanza coa Valedora do Pobo para presentarlle formalmente unha queixa sobre o tratamento que os centros escolares galegos fan sobre a escolarización das crianzas nacidas en partos múltiples, xemelgos ou falsos xemelgos, quen están sendo tratados dun xeito uniforme sen ter en conta a súa individualidade pola meirande parte dos centros públicos galegos, e sen escoitar ás súas familias, que son as primeiras responsables, e as máximas interesadas, en que teñan unha educación da máis alta calidade. Sigue lendo

Non ao peche de centros educativos

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca unha concentración diante da consellaría contra o peche de centros educativos.

Convidámoste á participación. Non quedes calado!

Non poden pechar Centros de Ensino Públicos mentres subencionan empresas privadas de ensino.

Na defensa do Ensino Público nin un paso atrás!

Rexeitamos a política de peche de centros educativos e recortes de prazas de profesorado

A Confederación ANPAS GALEGAS expresa o seu máis absoluto rexeitamento á política de peche de centros de Ensino que a Consellaría de Educación ven mantendo dende hai xa demasiados anos, e concretamente neste momento, atinxindo ao CEIP Emilio Navasqües en Cruceiro do Ro (Outes), ao CPI da Ribeira no Porriño, ao CPI Monte Caxado das Pontes, así como á oferta da ESO no CPI Tomás de Lemos de Ribadavia. . Sigue lendo

Queredes ser parte da Confederación ANPAS GALEGAS?

Moitas ANPAs do noso País chaman e escriben de a cotío para saber como participar do proxecto desta Confederación, outras non o fan porque descoñecen cal é a vantaxe de se agrupar con outras asociacións de nais e pais, ou mesmo porque pensan que a finalidade deste movemento asociativo só ten lóxica no ámbito do seu centro escolar.
Por iso, dun xeito breve, queremos darvos unha pequena información, e tamén achegarvos o xeito de contactar connosco e participar directamente neste proxecto. Sigue lendo