Deixade que o noso idioma nos acubille

Diante da próxima convocatoria do día 17 de maio, pensando nalgún outro xeito de ofrecer a nosa pequena colaboración na defensa da nosa Lingua; ocorréusenos que realmente é o Galego quen está a nos defender de a cotío, e que esa é a nosa forza e a nosa seguranza, que nel atopamos a identidade que nos autoriza a sermos como somos, a expresión que nos presenta ao mundo. Sigue lendo

A gratuidade no Ensino Público (publicado na Revista Galega de Educación)

Dende a referencia inconcreta da Constitución de 1876, cando fala de regular os “establecementos de instrución pública costeados polo Estado”, até a actual redacción constitucional, “O Ensino básico é obrigatorio e gratuíto”, hai un longo camiño no que non se pode obviar a declaración constitucional de 1931, “A República lexislará no sentido de lle facilitar aos españois economicamente necesitados o acceso a todos os grados de ensinanza, coa finalidade de que non estean condicionado máis que pola aptitude e a vocación”. Sigue lendo

Rexeitamos as REVÁLIDAS 2017


A Xunta de Galiza ven de publicar, o pasado venres 5 de maio, as instrucións para o desenvolvemento da reválida de terceiro de primaria, a única que aínda permanece daquela ringleira de probas de eliminación que tiña que superar o noso estudantado ata chegar á universidade.

Estas probas, que se anuncian no DOG como unha avaliación para comprobar o grao de dominio en competencia en comunicación lingüística e matemática, continúan a ser a mesma pretendida avaliación que as familias galegas, encabezadas por esta Confederación, xa rexeitamos nos dous cursos precedentes cun abandono masivo das aulas nos días da súa celebración, o que tamén faremos nesta convocatoria, porque: Sigue lendo