As falsas informacións da consellaría de Sanidade sobre a posición conxunta

A Confederación ANPAS GALEGAS, fronte as falsas informacións que a Consellaría de Sanidade ten publicadas na súa web, na que indica que  mantivo unha reunión “para adoptar unha posición conxunta co obxecto de evitar o consumo de alcol nos menores de idade” con todos os sectores implicados, entre os que cita ás ANPAS, comunicamos que esta Confederación, que agrupa ás bisbarras de Val Miñor, Ponteareas e Cangas, ás cidades e contornas de Vigo, Ferrol e Compostela, e ás Federacións provinciais de Lugo e A Coruña, non foi convocada e non estivo presente nesa xuntanza.

Comunicamos asi mesmo que consideramos que sen a representación das familias que temos fillas e fillos en idade de ensino obrigatorio, que é o que nós significamos, non hai ningunha posición que teña posibilidades reais de éxito diante dun problema complexo e difícil como o que se pretende abordar.

Deixar unha resposta