25 aniversario da federación Olívica de ANPAs, FOANPAS!!!

Con motivo do 25 aniversario da federación Olívica de ANPAs, FOANPAS, deixamos os enlaces da prensa e axuntamos as fotos de dúas fontes de Vigo iluminadas cos tonos do logotipo de FOANPAS, para conmemorar o día no que se fundou esta activa Federación de Nais e Pais de Alumn@s.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/02/11/curso-pasado-tuvimos-mediar-doce-casos-acoso-escolar/0003_201702V11C12991.htmhttp://www.atlantico.net/articulo/vigo/foanpas-celebra-varios-actos-25-aniversario/20170211010329572359.htmlhttp://www.farodevigo.es/gran-vigo/2017/02/11/25-anos-vanguardia-educativa/1621453.html

O presidente de ANPAS GALEGAS e toda a confederación parabenizaron a FOANPAS por estes 25 anos de activismo en defensa do Ensino Público no seu ámbito de actuación.

Do mesmo xeito lembrou o presidente  a todas as compañeiras/os que forman e formaron parte desa Federación, que tanto traballou e segue a traballar por un Ensino Público Galego Inclusivo, Laico e de alta calidade.

Deixar unha resposta