9 de marzo. Folga no Ensino Público

O próximo 9 de marzo está convocada por diferentes organizacións educativas unha folga xeral do Ensino Público, para continuar na protesta contra da LOMCE, unha lei contra a que levamos máis de cinco anos loitando, que mesmo ten acordos maioritarios de paralización no Congreso dos Deputados, pero que continúa a aplicarse por uns gobernos que non queren escoitar o que a cidadanía dixo na rúa, e tamén nas urnas. Sigue lendo

As falsas informacións da consellaría de Sanidade sobre a posición conxunta

A Confederación ANPAS GALEGAS, fronte as falsas informacións que a Consellaría de Sanidade ten publicadas na súa web, na que indica que  mantivo unha reunión “para adoptar unha posición conxunta co obxecto de evitar o consumo de alcol nos menores de idade” con todos os sectores implicados, entre os que cita ás ANPAS, comunicamos que esta Confederación, que agrupa ás bisbarras de Val Miñor, Ponteareas e Cangas, ás cidades e contornas de Vigo, Ferrol e Compostela, e ás Federacións provinciais de Lugo e A Coruña, non foi convocada e non estivo presente nesa xuntanza. Sigue lendo

Presentamos a proposta de Educación Hospitalaria e Domiciliaria no Consello Escolar de Galiza

O vindeiro xoves día 23 do presente mes, a Confederación ANPAS GALEGAS defenderemos ante a Comisión Permanente do Consello Escolar de Galiza a necesidade de que o Pleno dese órgano debata a aprobación dunha proposta de resolución presentada por esta Confederación na que solicita ao señor Conselleiro de Educación a creación dunha mesa de traballo que redacte unha proposta normativa que garanta o dereito das nenas e nenos en idade escolar que, por mor dunha longa enfermidade ou lesión, non poden asistir regularmente ou durante un período de tempo prolongado ao centro educativo. Sigue lendo

Xornadas Formativas e actividades en ANPAS GALEGAS

Xornadas formativas, lugares e datas da realización Sigue lendo

25 aniversario da federación Olívica de ANPAs, FOANPAS!!!

Con motivo do 25 aniversario da federación Olívica de ANPAs, FOANPAS, deixamos os enlaces da prensa e axuntamos as fotos de dúas fontes de Vigo iluminadas cos tonos do logotipo de FOANPAS, para conmemorar o día no que se fundou esta activa Federación de Nais e Pais de Alumn@s. Sigue lendo

16 F. Mobilízate contra a LOMCE e os recortes no Ensino Público

Nos últimos anos as/os estudantes galegas levaron a cabo as maiores mobilizacións estudantís en defensa do ensino público galego.

Foi necesario que diversos colectivos (ANPA, alumnado, profesorado,…) sairamos á rúa para loitar contra a implantación da LOMCE múltiples veces.

No pasado trimestre, conseguimos tumbar as reválidas, aspecto principal da LOMCE que mantiña en vilo a toda a comunidade educativa.

Pero foi suficiente?

Non. Sigue lendo