Rematamos 2016. Feliz 2017

E vaia en paz este aniño, que ben que nos deu traballo nas ANPA, traballo feito con gañas e con acerto, con algún erro pero con estupendos resultados; pero tamén traballo feito para volver atrás, traballo para desfacer -que é algo que non nos gusta nada ás nais e pais do Ensino Público- algúns dos desastres destes anos de mal goberno educativo, en España e na Galiza. Sigue lendo

Sobre as folgas do alumnado. Posibilidades e xustificación de ausencias no centro escolar

FOLGA DO ALUMNADO

O dereito á folga, establecido no artigo 28.2 da Constitución, é aplicable unicamente ás traballadoras e traballadores, nunca ao estudantado; por esta razón todas as referencias que se fagan posteriormente hai que entendelas con este matiz: falamos de folga porque é o concepto común máis doado de utilizar, pero tecnicamente habería que lle dar outro nome “decisión colectiva de inasistencia a clase” como consecuencia dunha convocatoria formal. Unha sentenza do Tribunal Supremo indica que solicitar un xustificante familiar para que o alumnado a partir de 2º da ESO faga folga é unha vulneración do dereito á folga estudiantil. Sigue lendo

Quen elixe a representantes da ANPA no Consello escolar?

QUEN REPRESENTA Á ANPA.

Marco legal:

Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación:

Art. 7.1: Os Estatutos deberán conter os seguintes extremos:

  1. h) Os órganos de goberno e representación, a súa composición, regras e procedementos para a elección e substitución dos seus membros, as súas atribucións, duración dos cargos, causas do seu cese, xeito de deliberar, adoptar e executar os seus acordos e as persoas ou cargos con facultade para certificalos e requisitos para que os citados órganos queden validamente constituídos.

Sigue lendo

A necesaria transformación dos comedores escolares

Imprimir

O venres día 16 de decembro participamos nas xornadas de debate e formación de comedores escolares, organizadas pola Universidade de Vigo, coa nosa “proposta de transformación dos comedores escolares”, impartida polo presidente da confederación ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez.

Engádese neste comunicado un “power point” e documento en formato pdf sobre a necesidade de transformación dos comedores escolares.

Proposta de transformación dos comedores escolares Confederación ANPAS GALEGAS

Proposta transformación comedores escolares-xornadas vigo 16-12-2016

Video coa intervención de Javier Sánchez, presidente de ANPAS GALEGAS