Non ás Reválidas, non á LOMCE. Valoración das mobilizacións do 24 de novembro.

24n

Hoxe, unha vez máis, @s estudantes galeg@s e as familias galegas baleiramos as aulas dos centros educativos públicos e saímos a rúa para amosar o noso máis absoluto rexeitamento á LOMCE e ás súas REVÁLIDAS.

Hoxe continuamos ESIXINDO aquilo que vimos esixindo nos últimos anos, a DERROGACIÓN DA LOMCE E  A ELIMINACIÓN DAS REVÁLIDAS XA!!!.

A pesares do enorme traballo desmobilizador realizado polos gobernos español e galego, difundindo informacións enganosas baseadas en falsas promesas…

A pesares, tamén, dos moitos problemas que un temporal de auga, vento e frío produciu en moitas cidades galegas, hoxe milleiros de persoas, estudantes, nais e pais, traballadoras e traballadores e representantes de organizacións sociais e políticas, encheron ás rúas de cidades e vilas galegas. Hoxe, máis do 90 % do estudantado da ESO e do Bacharelato e máis do 50 % das familias con alumnado en infantil e primaria baleiraron as aulas dos centros de Ensino Público Galego, amosando o claro compromiso que a sociedade galega adquiriu para lograr un verdadeiro modelo educativo galego, público, inclusivo, laico e de alta calidade.

Mais o primeiro paso para poder chegar a ese modelo educativo que todas e todos estamos ESIXINDO aos representantes políticos é DERROGAR A LOMCE e retomar a LOE que tiñamos antes da perniciosa e rexeitada reforma, para así poder comezar coas negociacións e poder chegar a ese tan demandado consenso.

A Confederación ANPAS GALEGAS valora a xornada de hoxe como un ÉXITO ROTUNDO da sociedade galega e espera que TODAS as forzas políticas tomen nota do acontecido e se deixen de facer demagoxia propondo paralizar a implantación do que xa está implantado ou quitarlle efectos académicos ao que xa non os ten.

Hoxe quedou claro que xa non nos enganan e que A ÚNICA POPOSTA QUE ACEPTAREMOS É A INMEDIATA DERROGACIÓN DA LOMCE.

Unha reflexión sobre “Non ás Reválidas, non á LOMCE. Valoración das mobilizacións do 24 de novembro.

  1. Pingback: Non ás Reválidas, non á LOMCE. Valoración das mobilizacións do 24 de novembro. | Federación Provincial de ANPAs da Coruña – Costa da Morte

Deixar unha resposta