Dereito de representación das ANPA nos Consellos Escolares

consello-escolar

A composición e o número de representantes dos distintos colectivos nos Consellos Escolares de cada centro educativo vén determinado por cada ROC (Regulamento Orgánico dos Centros), e cada un deles establece como e quen os escolle. Dependendo do tipo de centro, CEIP, CPI ou IES e do número de unidades que ten o centro, varía o número de representantes de cada colectivo. A continuación e no que respecta á representación das nais/pais de alumnas/os, faise un resumo:

—- Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria (CEIP). (DOG 21/10/1996)

No artigo 37 deste ROC regúlase a composición dos Consellos Escolares dos CEIP, e o fai en función das unidades de cada colexio. Ao respecto do número de nais/país presentes di: centros con 8 ou máis unidades – 5 nais/pais; centros de 6 ou 7 unidades – 2 nais/pais; centros de menos de 3 unidades – 1 nai/pai.

Neste mesmo texto o artigo 39 1) di textualmente:

“1. Dos representantes que lles corresponden aos pais no consello escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa, os outros serán elixidos por votación ante a mesa electoral polos pais, nais ou titores de acordo co procedemento establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril.”

A interpretación que consideramos correcta deste artigo 39 é que a ANPA mais representativa do centro SEMPRE ten dereito a 1 representante e o resto de representantes (se os hai) será escollido por votación, e dicir en todos os CEIP haberá un representante de nais/pais directamente escollido pola ANPA mais representativa do centro.

A dúbida podería xurdir nos centros con dúas unidades ou menos, onde é posible que a dirección do centro educativo faga unha interpretación diferente á considerada correcta (xa dixemos que o representante de nais/pais correspóndelle á ANPA). De producirse esta diferenza de criterio a ANPA acudirá á Inspección Educativa ou á Xefatura Territorial se fose necesario, pra facer valer o dereito legal da ANPA a ter un representante no Consello escolar.

—- Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (IES). (DOG 09/08/1996)

 

 No artigo 37 deste ROC establécese que aos IES con 8 ou máis unidades correspóndenlle 3 nais/pais e o artigo 43 establece que nos IES de 7 unidades ou menos a administración educativa poderá adaptar o disposto no artigo 37 ás características do centro, polo que haberá que estar ao que especialmente haxa regulado a Consellería no centro de que se trate.

O artigo 38 1) desta norma literalmente di:.

“1. Dos representantes que lles corresponden aos pais e nais no Consello Escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa, os outros serán elixidos por votación ante a mesa electoral polo pai e a nai ou titores legais de acordo co procedemento establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril.

Como se pode ler o artigo 38 1) é exactamente igual ao artigo 39 1) do ROC dos CEIP, polo que a interpretación mantense, consecuentemente a ANPA mais representativa do centro educatico SEMPRE ten dereito a 1 representante no Consello escolar, teña as unidades que teña o IES

—- Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro, polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias (CPI).

Esta norma crea os CPI e no ANEXO I á mesma se regula o ROC, no artigo 9 do anexo regúlanse os Consello escolares. O punto 2 a) deste artigo establece a composición do Consello escolar nos CPI de oito ou mais unidades e, respecto ás nais/pais, di que formarán parte do Consello 3 nais/pais de alumnas/os. No apartado 2 b) establécese que nos CPI de 7 unidades ou menos a Consellería establecerá a composición dos Consellos escolares atendendo ás súas peculiaridades. (O mesmo que se regula para os IES no seu ROC)

O punto 3 dese artigo 9 di literalmente:  

“3. Da representación dos pais, nais ou titores dos alumnos e alumnas: dos representantes que lles corresponden aos pais, nais ou titores legais ou ordinarios dos alumnos, así como ás persoas ou institucións que ostenten a garda e protección dos menores, no Consello Escolar un deles poderá ser proposto pola asociación de pais de alumnos máis representativa, os outros serán elixidos por votación ante a mesa electoral polo pai e a nai ou titores legais ou ordinarios, así como as persoas ou institucións que ostenten a garda e protección do menor, de acordo co procedemento establecido no Decreto 92/1988, do 28 de abril e neste regulamento.”

Polo tanto nos CPI mantense a mesma interpretación, a ANPA máis representativa do centro ten dereito a un representante, sexa cal sexa o número de unidades do CPI e aínda que solo haxa un representante de nais/pais.

 Nos centros pequenos as Administracións educativas terían que adaptar as previsións pero en todo caso garantindo a presenza da comunidade educativa no control e xestión a través do Consello Escolar como exixe o art.119 da LOE.

 

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación

“…Artículo 119. Participación en el funcionamiento y el gobierno de los centros públicos y privados concertados.

1. Las Administraciones educativas garantizarán la intervención de la comunidad educativa en el control y gestión de los centros sostenidos con fondos públicos a través del Consejo Escolar.

2. El profesorado participará también en la toma de decisiones pedagógicas que corresponden al Claustro, a los órganos de coordinación docente y a los equipos de profesores y profesoras que impartan clase en el mismo curso.

3. Corresponde a las Administraciones educativas favorecer la participación del alumnado en el funcionamiento de los centros, a través de sus delegados de grupo y curso, así como de sus representantes en el Consejo Escolar.

4. Los padres y los alumnos y alumnas podrán participar también en el funcionamiento de los centros a través de sus asociaciones. Las Administraciones educativas favorecerán la información y la formación dirigida a ellos.

 5. Los centros tendrán al menos los siguientes órganos colegiados, con las funciones que se indican en esta Ley:

a) Consejo Escolar.

b) Claustro del profesorado.

 

Artículo 126. Composición del Consejo Escolar.

1. El Consejo Escolar de los centros públicos estará compuesto por los siguientes miembros:

a) El director del centro, que será su Presidente.

 b) El jefe de estudios.

c) Un concejal o representante del Ayuntamiento en cuyo término municipal se halle radicado el centro.

d) Un número de profesores y profesoras que no podrá ser inferior a un tercio del total de los componentes del Consejo, elegidos por el Claustro y en representación del mismo.

e) Un número de padres y de alumnos, elegidos respectivamente por y entre ellos, que no podrá ser inferior a un tercio del total de los componentes del Consejo.

f) Un representante del personal de administración y servicios del centro.

g) El secretario del centro, que actuará como secretario del Consejo, con voz y sin voto.

2. Una vez constituido el Consejo Escolar del centro, éste designará una persona que impulse medidas educativas que fomenten la igualdad real y efectiva entre hombres y mujeres.

3. Uno de los representantes de los padres en el Consejo Escolar será designado por la asociación de padres más representativa del centro, de acuerdo con el procedimiento que establezcan las Administraciones educativas.

4. Corresponde a las Administraciones educativas regular las condiciones por las que los centros que impartan las enseñanzas de formación profesional o artes plásticas y diseño puedan incorporar a su Consejo Escolar un representante propuesto por las organizaciones empresariales o instituciones laborales presentes en el ámbito de acción del centro.

5. Los alumnos podrán ser elegidos miembros del Consejo Escolar a partir del primer curso de la educación secundaria obligatoria. No obstante, los alumnos de los dos primeros cursos de la educación secundaria obligatoria no podrán participar en la selección o el cese del director. Los alumnos de educación primaria podrán participar en el Consejo Escolar del centro en los términos que establezcan las Administraciones educativas.

6. Corresponde a las Administraciones educativas determinar el número total de miembros del Consejo Escolar y regular el proceso de elección.

7. En los centros específicos de educación infantil, en los incompletos de educación primaria, en los de educación secundaria con menos de ocho unidades, en centros de educación permanente de personas adultas y de educación especial, en los que se impartan enseñanzas artísticas profesionales, de idiomas o deportivas, así como en aquellas unidades o centros de características singulares, la Administración educativa competente adaptará lo dispuesto en este artículo a la singularidad de los mismos.

8. En los centros específicos de educación especial y en aquellos que tengan unidades de educación especial formará parte también del Consejo Escolar un representante del personal de atención educativa complementaria.”

RESOLUCIÓN conxunta do 26 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

2 reflexións sobre “Dereito de representación das ANPA nos Consellos Escolares

  1. El representante del ANPA lo elige la junta directiva o se puede exigir abrir un proceso de selección para que sea elegido por la asamblea?

    • Correspóndelle á directiva da ANPA a designación de representantes?
      Quen representa á ANPA?
      Marco legal:
      Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación:
      Art. 7.1: Os Estatutos deberán conter os seguintes extremos:
      h) Os órganos de goberno e representación, a súa composición, regras e procedementos para a elección e substitución dos seus membros, as súas atribucións, duración dos cargos, causas do seu cese, xeito de deliberar, adoptar e executar os seus acordos e as persoas ou cargos con facultade para certificalos e requisitos para que os citados órganos queden validamente constituídos.

      Art. 11.: Réxime das asociacións:
      1. O réxime das asociacións, no que se refire á súa constitución e inscrición, determinarase polo establecido na presente Lei Orgánica…
      2. En canto ao seu réxime interno, as asociacións axustarán o seu funcionamento ao establecido nos seus propios Estatutos, sempre que non estean en contradición coas normas da presente Lei Orgánica.
      3. A Asemblea Xeral é o órgano supremo de goberno da asociación, integrado polos asociados, que adopta os seus acordos polo principio maioritario ou de democracia interna, e deberá reunirse, polo menos, unha vez ao ano.
      4. Existirá un órgano de representación que xestione e represente os intereses da asociación, de acordo coas disposicións e directivas da Asemblea Xeral. Só poderán formar parte do órgano de representación os asociados.

      Art. 12: Se os Estatutos non o dispoñen doutro xeito, o réxime interno das asociacións será o seguinte:
      a) As facultades do órgano de representación estenderanse, con carácter xeral, a todos os actos propios das finalidades da asociación, sempre que non requiran, consonte aos Estatutos, autorización expresa da Asemblea Xeral

      Real Decreto 1533/1986, do 11 de xullo, polo que se regulan as asociacións de Pais de Alumnos
      Art. 7: Os estatutos das asociacións de pais de alumnos deberán conter, polo menos, os seguintes extremos:
      d. Composición e funcionamento dos seus órganos de goberno, que en todo caso terán que ser democráticos.

      Da normativa anterior extráense as seguintes conclusións:
      1. As ANPAs deben ter un órgano de representación, que funcionará de acordo coas directivas da Asemblea xeral; comunmente a ese órgano chámaselle “Xunta directiva da Asociación”.
      2. Ese órgano de representación estará composto por persoas que desempeñarán os cargos que se consideren necesarios; dun xeito ordinario, e como mínimo, é necesario unha persoa que ocupe a presidencia, outra que ocupe a secretaría, e unha terceira que leve a tesouraría; á parte destas persoas, os órganos de representación poden ter a composición que se aprobara nos Estatutos.
      3. Os Estatutos da Anpa serán quen indiquen cal é o funcionamento dese órgano de representación.

      Na práctica ordinaria, e sempre salvando as peculiaridades que poidan derivarse dos Estatutos, a representación legal ordinaria da asociación correspóndelle á persoa que exerza a Presidencia da Xunta Directiva.

      A representación, xa que logo, ven marcada polos seguintes pasos:
      – O que se estableza nos Estatutos da Asociación.
      – Se non se establece nada específico nos Estatutos, o que se derive das competencias que a Xunta Directiva poida ter encomendadas para decidir sobre os diferentes tipos de representación.
      – Se non hai encomenda específica, a representación ordinaria recae na persoa que teña encomendada a Presidencia da Asociación.

      En canto ao representante da ANPA nos consellos escolares, a normativa existente fai sempre referencia a que “dos representantes que lles corresponden aos pais no consello escolar un será proposto pola asociación de pais máis representativa”, non é polo tanto unha circunstancia con normativa específica, haberá que estar ao criterio xeral de representación.

Deixar unha resposta