Hoxe de novo estivemos nas rúas. Nin Reválidas nin LOMCE

revnon

Manifestación-do-26-de-outubro-non reválidas nin LOMCE en Vigo, Ferrolterra, Costa da Morte, Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía…

Cando un País ten a desgraza de ter gobernos que non escoitan aos seus cidadáns, que non entenden cal é o mandato que se lles dá, que é para o que están aí e non para outra cousa; neses casos non queda outra máis que berrar, berrar polas nosas esixencias, polas Leis que queremos, por como queremos distribuír e organizar o que é de todas e de todos. Sigue lendo

Non queremos Reválidas. É tan difícil de comprender?

nin-lomce-nin-revalidas

Esta Confederación, a que mantivo sempre o pulso do non a toda proba de diagnóstico que non sexa a avaliación continua do alumnado por parte dos seus profesores, que foi a que rexeitou as reválidas de 3º e 6º de primaria, con éxito masivo, dicindo que había que demostrar publicamente que os nosos fillos e fillas non ían facer ningunha proba innecesaria e prexudicial; esta Confederación, que leva, dende que só era un mal proxecto dunha mala Lei, dicindo que NON Á LOMCE, porque é unha lei maligna para termos a educación que queremos;  é unha Lei discriminadora, unha lei diferenciadora, unha norma que atenta contra a inclusión, contra a igualdade de todos os nenos e nenas, mozos e mozas.

Esta Confederación di tamén que NON ÁS REVÁLIDAS de 4º da ESO e de 2º de Bacharelato, igual que continuamos dicindo que NON ás de 3º e 6º de primaria.

 E porque dicimos que non? Sigue lendo

Información para as ANPA sobre o certificado de delitos de carácter sexual

datos

O artigo 13.5 da LO de protección xurídica do Menor, segundo a redacción dada pola Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á  infancia e á adolescencia, establece que:

“Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra da liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocacións sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para este efecto, quen pretende o acceso a tales profesións, oficios ou actividades, deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais”

Máis datos:
informacion-para-as-anpas-sobre-o-certificado-de-delitos-de-natureza-sexual-e-voluntariado

Debate sobre a LOMCE e as reválidas do bacharelato

O presidente da Confederación ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez, estivo onte en V Tv no programa de Fernanda Tabares, debatendo co Secretario Xeral de Educación da Xunta de Galiza, Manuel Corredoira; Carlos Varela, inspector de Educación e o presidente dos directores da Coruña.

 Falouse case exclusivamente da LOMCE e as reválidas do bacharelato.

A postura da confederación foi clara, un NON rotundo ás discriminadoras, inxustas e inxustificables reválidas.