COMEZA O CURSO 2016-2017

Reunión da Confederación de ANPAs GALEGAS

Reunión da Confederación de ANPAs GALEGAS

Xa comezamos este novo curso no que tamén hai eleccións, e como hai eleccións todos os nosos representantes descubriron novamente que existe a educación; é o momento no que se promete e se compromete todo tipo de solucións aos mesmos problemas que non resolveron na lexislatura que remata, e que xa estaban na anterior. As eleccións, para os opinadores políticos sobre educación, son sempre como unha repetición de curso, pero sen sensación nin de fracaso nin de responsabilidade, simplemente seica existe o dereito a comezar de novo… pero só para eles. Sigue lendo

FOANPAs reclama unha zonificación xusta

zonificacion-xusta

Poñemos á vosa disposición documentación relacionada coa rolda de prensa de FOANPAS e os comunicados da primeira manifestación convocada sobre a zonificación en Vigo. Engádese:

–          Texto da rolda de prensa, na que se solicita o estudo da adscrición na cidade de Vigo e a dimisión ou cese do Xefe Territorial D. César A. Pérez Ares.

–          Mapa que amosa a situación actual da adscrición na nosa cidade

–          Comunicado conxunto asinado polas ANPAs dos centros públicos, de primaria e secundaria de Vigo.

comunicado-rolda_prensa-foanpas

comunicado-zonificacion-foanpas

mapa-zonificacion-en-a3

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2016/09/13/foanpas-denuncia-zonificacion-obsoleta-e/1532164.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/09/13/padres-alumnos-salen-calle-vigo-reclamar-plazas-institutos/0003_201609V13C2994.htm

@FoanpasVigo pide un estudio sobre la adscrición de plazas para evitar que los niños de Navia tengan que ir al instituto a 10 km