Xornadas Educativas ANPAS GALEGAS na Fin do Mundo

Formulario para inscribirse nas xornadas

xornadas ANPAS GALEGAS Fisterra

Próximos ao peche de curso, tamén estamos chegando á última xornada formativa da  da Confederación ANPAS GALEGAS. Un curso complexo, que nos fixo traballar arreo para defender o dereito das nosas fillas e fillos a recibir un Ensino Público Galego de calidade e Inclusivo.

Para o remate de curso escolar organizamos, en colaboración co concello de Fisterra, unhas actividades formativas, lúdicas e de confraternización, despois de “chaparnos” varias xornadas formativas ben densas ao longo do curso escolar, de coorganizar as xornadas “Aprendemos da Diversidade”, de traballar na activación da Atención Domiciliaria e Hospitalaria en Galicia ou na organización das charlas sobre as reválidas, entre outras moitas actividades.

Co camiño dos Faros Inclusivo aínda continuamos no mes de xuño…

_Programa “ANPAS GALEGAS NA FIN DO MUNDO_

21 e 22 de maio 2016. Concello de Fisterra

Programa sábado 21 de maio

11:00h. Presentación das xornadas. Salón de plenos do concello

Javier Sánchez (presidente da Confederación ANPAS GALEGAS) Teresa Fernández Martínez (concelleira de Educación de Fisterra).

11:45 a 14:00 h. Concellos Educadores. Salón de plenos do concello

Modera:

Javier Sánchez, presidente da Confederación ANPAS GALEGAS.

Ponentes:

Teresa Fernández Martínez, concelleira de Educación de Fisterra.

Carme Fouces Díaz, concelleira de Educación de Pontevedra.

Silvia Cameán Calvete, concelleira de Educación de A Coruña.

Mar Eirís Villar, concelleira de Educación de Carballo.

Olga Alonso Suárez, concelleira de Educación de Vigo.

Jesús Basterrechea López, concelleiro de Educación de Ferrol.

17:00 a 18:45 h. A xestión das emocións. A Educación Emocional. María Carmen Loureiro, licenciada en Psicoloxía, profesora no IES da Illa de Arousa.

19:00 a 20:15 h. Era poesía e ti non o sabías María Lado e Lucía Aldao. Salón de plenos concello de Fisterra.

21:30h Cea e debates á lus do candil Hotel Áncora

Programa domingo 22 de maio

11.00 H a 13:30h

Roteiro e recursos educativos do entorno de Fisterra

Deixar unha resposta