I xornada sobre comedores escolares en Compostela

imaxe xornada comedores ANPAS Compostela

A federación de ANPAS Compostela organizou a I xuntanza sobre comedores escolares.

Considerada unha magnífica xornada sobre comedores escolares, con excelentes relatores, unha participación plena e unha organización sobresaínte.
ANPAS COMPOSTELA considera que o mellor das xornadas foi o enorme interese das persoas asistentes, público e relatores, por avanzar cara unha nutrición de excelencia e un servizo de gran calidade.

Na súa ponencia, o presidente da confederación ANPAS GALEGAS, Xavier Sánchez, lembra que os comedores escolares deben ser xestionados pola Xunta de Galiza como un servizo educativo máis.

Xornada de comedores Compòstela 2

Deixar unha resposta