I xornada sobre comedores escolares en Compostela

imaxe xornada comedores ANPAS Compostela

A federación de ANPAS Compostela organizou a I xuntanza sobre comedores escolares.

Considerada unha magnífica xornada sobre comedores escolares, con excelentes relatores, unha participación plena e unha organización sobresaínte.
ANPAS COMPOSTELA considera que o mellor das xornadas foi o enorme interese das persoas asistentes, público e relatores, por avanzar cara unha nutrición de excelencia e un servizo de gran calidade.

Na súa ponencia, o presidente da confederación ANPAS GALEGAS, Xavier Sánchez, lembra que os comedores escolares deben ser xestionados pola Xunta de Galiza como un servizo educativo máis. Sigue lendo

A confederación ANPAS GALEGAS explicando que é a LOMCE, desmonta as reválidas

Desmontando as reválidas

O presidente de ANPAS GALEGAS, Xavier Sánchez, nunha entrevista do programa Vía V explicando que é a LOMCE, desmonta as reválidas .
Nin LOMCE nin Reválidas!!!
Non te perdas este debate absolutamente clarificador!

 

Fernando Lacaci, vicepresidente de ANPAS GALEGAS, valorando a acertada decisión das familias de rexeitar as reválidas

Fernando Lacaci

 

A opinión dunha maestra de alumnado de terceiro de primaria.

 

ANPAS GALEGAS na Fin do Mundo

ANPAS GALEGAS en Fisterra

Dicíanos unha das nosas convidadas, a Concelleira de Educación de Pontevedra, Carme Fouces : “Que nome máis bonito lle puxestes ás xornadas”, e falabamos un anaco do que era a nomenclatura que arrodea Fisterra, ese lugar que semella ser a fin de todo, da terra e do camiño, o lugar do solpor, e o espazo onde o mar se volve infindo; semella que non hai máis nada logo de Fisterra, máis tamén é certo que hai que ir até alí para comprobalo e continuar, non é posíbel non ter estado en Fisterra, porque non é posíbel comezar algo novo sen ter antes rematado o vello. Sigue lendo

Xornadas Educativas ANPAS GALEGAS na Fin do Mundo

Formulario para inscribirse nas xornadas

xornadas ANPAS GALEGAS Fisterra

Próximos ao peche de curso, tamén estamos chegando á última xornada formativa da  da Confederación ANPAS GALEGAS. Un curso complexo, que nos fixo traballar arreo para defender o dereito das nosas fillas e fillos a recibir un Ensino Público Galego de calidade e Inclusivo. Sigue lendo

Día das Letras Galegas 2016

Imaxes de ANPAS GALEGAS no día das Letras Galegas 2016

ANPAS GALEGAS día das Letras Galegas 2016

As ANPAs traballamos para a mocidade, para o futuro, para as xeracións que decidirán como vai ser este mundo cando nós xa non sexamos quen de facelo, tamén cando xa non esteamos; nós traballamos para lle devolver aos nosos vellos o que por nós fixeron, coma eles devolveron en nós o que eles recibiron; somos nais e pais, o elo eterno e permanente que nos xunta ao principio dos tempos e que pode levarnos ao infinito da historia. Sigue lendo

É o momento de cumprir coa gratuidade do ensino e retomar o sistema do préstamo universal de libros de texto

libros-de-texto

Lemos estes días na prensa que o goberno galego vai investir unha considerable cantidade de diñeiro público en diferentes políticas sociais e nun número importante de melloras nas infraestruturas educativas.

 
Preguntámonos se non sería agora o momento de cumprir o mandado constitucional da gratuidade do ensino e retomar o exitoso sistema do préstamo universal de libros de texto, o que xuntaría a mellora social coa mellora educativa, porque é un sistema que:

 
– Defende a economía familiar.
– Iguala en oportunidades a todos os nenos e nenas galegos.
– Introduce na educación da infancia e xuventude os valores da reutilización e da conservación dos bens comúns, e reforza a conciencia de pertenza ao grupo ao responsabilizarse do estado de recepción e entrega do libro compartido.
– Retira ao libro de texto parte do seu carácter mercantil para outorgarlle fundamentalmente un carácter de recurso educativo.

Documento completo: SOLICITUDE VOLTA AO PRESTAMO UNIVERSAL-PRESIDENTE E CONSELLEIRO