Rexeitamos as reválidas de 3º e 6º de primaria

Directiva ANPAS GALEGAS

ANIMAMOS ÁS FAMILIAS A SUMARSE Á INSUBMISIÓN Á REALIZACION DESTAS PROBAS SOBRE OS NOSOS FILLOS E FILLAS, non os enviando ao colexio durante as horas, ou días, da súa realización.

 
• Chamamos ás familias para que manifesten o seu rexeitamento, a través da presentación do escrito que se acompaña.
• Expresamos publicamente o noso rexeitamento como confederación, e invitamos a todas as federacións de ANPAS e a todas as ANPAs a que o fagan así en todos os foros que teñan ao seu alcance, páxinas web, redes sociais, taboleiros de anuncios, difusión aos seus socios,…
• Esiximos nova e constantemente a derrogación da LOMCE, non queremos esa Lei, e non pararemos de dicilo.

Porque rexeitamos as reválidas de 3º e 6º de primaria?

Para informarte, podes descargar os seguintes documentos:

Que son as avaliacións de primaria 2016?

LOMCE presentacion powerpoint reválidas 2016

LOMCE presentación reválidas en pdf

Proposta de carta de rexeitamento das reválidas: CARTA REXEITAMENTO FAMILIAS

IV Xornadas de Inclusión Educativa de FOANPAs -Vigo

xornadas Inclusión Educativa FOANPAS
Programa das IV XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN que teremos o vindeiro 7 de maio na ESAD, en Vigo:
programa IV xornadas de Inclusión Educativa Foanpas

Aprendemos da Diversidade na Laracha. Xornadas de Atención á Diversidade na Costa da Morte

Aprendemos da Diversidade na Laracha

PROGRAMA XORNADAS APRENDEMOS DA DIVERSIDADE NA LARACHA (2)

A Inclusión botou a andar no Camiño SenLímites

10 camiño inclusivo

Data histórica din en Que Pasa na Costa para esta iniciativa civil que sitúa á Costa da Morte á vangarda dos roteiros naturais da península. A confederación ANPAS GALEGAS en colaboración cos concellos de Cabana, Laxe, Ponteceso, Carballo e membros das asociacións Íntegro, Aspaber, Aloumiños, Aspadex, APEM, Aspronaga, Un Paso Máis e Rompendo Límites colaboraron nas actividades dun sábado onde a Inclusión botou a andar polo Camino SenLímites a través de superheroes que están a dar os necesarios pasos para conseguir unha Costa da Morte Accesible.

Convidámoste facer un roteiro pola imaxes do noso traballo en defensa dun Ensino Público Galego Inclusivo.

Queremos un Ensino Público Galego Inclusivo
A confederación ANPAS GALEGAS, a confederación de ANPAs máis grande de Galiza traballamos a prol do Ensino Público. Formamos unha equipa de traballo que funciona baixo os parámetros da sensibilidade e o tacto pedagóxico a prol dunha mellor atención educativa a estas pequenas persoas que máis adiante serán cidadáns adultos, autónomos e libres na nosa sociedade.
Queres entrar? Entra, por favor. Estás na túa casa

 

Asemblea Ordinaria do mes de abril de 2016

ültima reunión do 2015

Cun único punto na orde do día, e logo dun día de longas xuntanzas, comezamos a asemblea ordinaria do mes de abril coa intención de fixar un modelo de servizo de comedor escolar que puidese aportar algo de luz ao despropósito institucional no que estamos envoltos en Galicia cando falamos dun servizo público educativo complementario dunha importancia máxima, e que promove unha sensibilidade familiar amplamente comprobada. Sigue lendo