I Edición do Camiño dos Faros Inclusivo

I Camiño dos Faros Inclusivo

I Camiño dos Faros Inclusivo

 

Sábado, 2 de abril de 2016

Programa:
15:00 h- charla con Suso Lista
15:30h – inicio do roteiro (sobre 3 Kms) quedada no observatorio ornitolóxico (punto de encontro)
– dunas Monte Branco
– observatorio ornitolóxico
– malecón do Couto
– final do malecón do Couto
– ponte de Ponteceso

18:00h. visita ao Melga (museo etnolúdico de Galicia).
21:00h. de pinchos por Ponteceso
23:00 h. concerto da TraskiBand no Pub A Eira
24:00h. Imos para a cama que hai que descansar…

nota: podes “baixarte en calquera parada”, non hai que chegar ao final do percorrido

Datos de interese para participantes no I Camiño dos Faros Inclusivo
PROTECCION CIVIL PONTECESO (RUBEN) 663117132 /660043855 (urxencia)
CENTRO MEDICO PONTECESO 981714802 /981713664
GRUPO DE EMERXENCIAS 24 horas GESM 660043855
TAXIS PONTECESO Parada 981714110
Para Inscribirse:
Cubrir os datos de “Inscrición roteiro” e devolvelo asinado a través do mesmo correo electrónico. Para inscribir menores de idade, facelo en PARA MENORES DE IDADE”. Devolver o pliego asinado a través de fedanpas@gmail.com

Na federación de ANPAs da Costa da Morte e resto de colectivos organizadores deben saber a cantidade de persoas que van participar no roteiro.
Como chegar ao punto de encontro (observatorio ornitolóxico):
Chegar a Ponteceso, coller a estrada de Ponteceso a Corme (AC424), pasando por diante da casa natal do poeta Eduardo Pondal, ao lado da ponte sobre o río Anllóns, até o cruce de Cospindo (1.4 Kms). Coller á esquerda, dirección Currás e chegas aquí.

Únete á Inclusión!

 

Deixar unha resposta