Xornadas de Educación e Igualade en Vigo

PortadaPrograma

Quen organiza?
Foanpas Vigo (integrante da Confederación ANPAS GALEGAS)
Cando?
9 de Abril 2016
Para quen?
Para toda a comunidade educativa e persoas vencelladas á Educación e Igualdade.
Onde?
No museo do mar de Galicia (Vigo)

I Edición do Camiño dos Faros Inclusivo

I Camiño dos Faros Inclusivo

I Camiño dos Faros Inclusivo

 

Sábado, 2 de abril de 2016

Programa:
15:00 h- charla con Suso Lista
15:30h – inicio do roteiro (sobre 3 Kms) quedada no observatorio ornitolóxico (punto de encontro)
– dunas Monte Branco
– observatorio ornitolóxico
– malecón do Couto
– final do malecón do Couto
– ponte de Ponteceso

18:00h. visita ao Melga (museo etnolúdico de Galicia).
21:00h. de pinchos por Ponteceso
23:00 h. concerto da TraskiBand no Pub A Eira
24:00h. Imos para a cama que hai que descansar…

nota: podes “baixarte en calquera parada”, non hai que chegar ao final do percorrido

Datos de interese para participantes no I Camiño dos Faros Inclusivo
PROTECCION CIVIL PONTECESO (RUBEN) 663117132 /660043855 (urxencia)
CENTRO MEDICO PONTECESO 981714802 /981713664
GRUPO DE EMERXENCIAS 24 horas GESM 660043855
TAXIS PONTECESO Parada 981714110
Para Inscribirse:
Cubrir os datos de “Inscrición roteiro” e devolvelo asinado a través do mesmo correo electrónico. Para inscribir menores de idade, facelo en PARA MENORES DE IDADE”. Devolver o pliego asinado a través de fedanpas@gmail.com

Na federación de ANPAs da Costa da Morte e resto de colectivos organizadores deben saber a cantidade de persoas que van participar no roteiro.
Como chegar ao punto de encontro (observatorio ornitolóxico):
Chegar a Ponteceso, coller a estrada de Ponteceso a Corme (AC424), pasando por diante da casa natal do poeta Eduardo Pondal, ao lado da ponte sobre o río Anllóns, até o cruce de Cospindo (1.4 Kms). Coller á esquerda, dirección Currás e chegas aquí.

Únete á Inclusión!

 

Xornadas en Carballo – entrega do premio Rosalía a Nieves Villar Pose

????????????????????????????????????

ANPAS GALEGAS e Premio Rosalía

Onte, sábado 12 de marzo, tivemos en Carballo unha xornada de formación para as ANPAs asociadas na Federación da Costa da Morte, e tamén entregamos o premio Rosalía a favor do Ensino Público a Nieves Villar, a nai de Hadrián que leva meses loitando, e continúa, para conseguir que a atención educativa chegue tamén na enfermidade aos nosos nenos e nenas enfermos.

Galería de fotos:

https://www.flickr.com/photos/andresvizoso/albums/72157665276082780. Sigue lendo

Menor gasto en educación, unha eiva de futuro

Reunión Anpas Galegas

É noticia que o gasto público en educación caeu un 15 % durante a crise, mentres que o gasto familiar medrou preto dun 30 % no mesmo período.

Nada novo ou que non coñeceramos, non había máis que mirar ao redor, máis aínda cando que en Galicia os orzamentos da Consellería de Educación baixaron un 33 % dende 2009, deixando 680 millóns de euros no camiño. Sigue lendo

Lei de protección do menor e actividades nas ANPAs

dereitos infancia

Publicada a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia que entre, outras, modificou a Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro , de protección xurídica do menor, a nova lei establece no seu artigo 13.5 textualmente o seguinte:
“Será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ter sido condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos.

A tal efecto, quen pretenda o acceso a tales profesións, oficios ou actividades deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de delincuentes sexuais”.
Cómpre ter en conta que existen programas, servizos ou actividades que se organizan e xestionan directamente polas propias ANPAS, casos nos que debe constatarse o cumprimento do reflectido na normativa referenciada, en canto á esixencia da oportuna acreditación de non ter sido condenado/a en sentenza firme por delitos sexuais no marco do artigo 13.5 e respecto do persoal que participe en tales actividades e poida ter un contacto habitual cos menores.

Artigo completo:Lei de protección do menor e actividades nas ANPAs

 

 

Todos os días son 8 de marzo

8 marzo2O Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Facémonos hoxe eco das palabras da Directora Executiva de ONU Mulleres Phumzile Mlambo-Ngcuka na súa mensaxe para 2016: “cada unha e cada un de nós é necesario para garantir que se adopten accións decisivas, visibles e cuantificables…Deamos o paso pola igualdade de xénero”
Porque por moito que se alardee de avances en materia de igualdade, queda moito por conseguir.
E as ANPAs non son un universo aparte, nos tamén debemos comprometernos a dar o paso pola igualdade. Sigue lendo