Xuntanza con Lidia Senra e Asemblea Xeral da confederación ANPAS GALEGAS

Xuntanza con Lidia Senra

Meteuse o Entroido polo medio, e coa acumulación de traballo posterior, case esquecemos contar o que fixemos o pasado 5 de febreiro, pois aí vai.

Comezamos a tarde cunha xuntanza con Lidia Senra, a eurodeputada galega da Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), estivemos falando da permanente reivindicación dunha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria. Contámoslle cal é a nosa pretensión: constituír unha mesa de traballo para abordar un novo capítulo neste eido, mesa na que queremos participar xunto con todos os sectores implicados , moi nomeadamente cos representantes da Xunta de Galicia, pero tamén con representantes da Facultade de Ciencias da Educación, e sobre todo con todos aqueles docentes que teñen experiencia neste tan difícil traballo, e tamén con antigos doentes que agora poden achegar as súas vivencias cando pasaron por esta dura situación. Sigue lendo