ANPAS GALEGAS na semana da Educación da USC

ANPAS GALEGAS nas xornadas educativas da USC

Continuando co noso traballo na procura dunha nova, e completa, normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria para os casos de longa enfermidade, intervimos na Semana da Educación da USC.

Falamos da actual situación da atención hospitalaria e domiciliaria (tramo horario desde 01:00:00 a 01:26.50 e de 01:54:24 a 02:12:00) e dixemos que precisamos unha normativa completa e complexa que clarifique o modelo de atención educativa e que deixe sentadas as bases dunha atención eficaz.  Incidimos nos dereitos, necesidade de profesionais e materiais  que permita a continuidade do ensino por riba das circunstancias médicas puntuais que poidan afectar ao alumnado. Sigue lendo

Subvencions da secretaría xeral da igualdade – entrevista coa secretaria xeral

igualdade

Onte, 22 de xaneiro, houbo unha xuntanza na que estivo presente a nosa Confederación, representada neste caso pola nosa Secretaria, Bertila Fernández, e polo noso Vicepresidente, Fernando Lacaci, e a Secretaría Xeral da Igualdade, quen estivo acompañada pola Subdirectora Xeral de Promoción da Igualdade.

A xuntanza veu promovida pola reclamación da Confederación ANPAS GALEGAS diante da convocatoria de axudas para a realización, polas ANPA, de programas de actividades extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación; e polo que nós entendiamos como un grave erro na convocatoria, ao forzar ás ANPA a recoller datos de carácter tan estritamente privado e comprometido como son as declaracións de IRPF das familias usuarias desas actividades. Sigue lendo

As sorprendentes subvencións da secretaría xeral de igualdade

Subvencións Igualdade

A Secretaría Xeral da Igualdade pretende que  as asociacións de nais e pais recollan das familias asociadas copias da súa declaración da renda, información privada que en absoluto ten que ver co obxecto social de ningunha ANPA.

O pasado 30 de decembro o Diario Oficial de Galicia publicaba a Resolución do 28 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se convocaban axudas para a realización, polas asociacións de nais e pais do alumnado, de programas de actividades complementarias e extraescolares que teñan como fin facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral. Sigue lendo

Falamos coa Valedora do Pobo o 8 de xaneiro

Visitamos o Parlamento Galego con Nieves

Continuando co noso traballo na procura dunha nova, e completa, normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria para os casos de longa enfermidade, hoxe, 8 de xaneiro de 2016, estivemos coa Valedora do Pobo, Milagros Otero, e coa coordinadora da área de educación da institución, Beatriz González.

A reunión pedímola nós non hai moito tempo, agradecemos a rápida atención, ao mesmo tempo que entregabamos unha queixa na oficina, como un xeito de iniciar a súa actuación sobre a realidade da desatención na que están os nenos e nenas enfermos de longa duración no que se refire ás súas necesidades educativas. Sigue lendo