Feliz ano novo laico

calendario escolar

Debemos facer unha reflexión sobre os calendarios escolares, aínda que  só sexa dende o punto de vista do alumnado, das súas necesidades de organización e descanso?

Estas datas que estamos a vivir son as propias dos bos desexos e as boas intencións, fanse plans para o futuro inmediato coma se a posta a cero dese peculiar contador que son os anos trouxera tamén aire fresco e renovación, coma se fose posible que as cousas mudasen só por soar doce badaladas. Sigue lendo

Resumo do ano 2015. O traballo realizado na confederación ANPAS GALEGAS en defensa do Ensino Público

Remata o ano 2015

Remata este ano 2015 e era conveniente lembrar todo o inxente traballo realizado na confederación ANPAS GALEGAS en defensa do Ensino Público Galego. Comezamos de decembro a xaneiro deste ano que xa se nos está escapando:

Resumo do traballo realizado no 2015 pola confederación ANPAS GALEGAS

Decembros 2015 Sigue lendo

Boas festas a tod@s. Postal enviada ao Parlamento Galego e ao congreso d@s deputad@s.

BOAS FESTAS A TOD@S

BOAS FESTAS PARLAMENTOS. A derrogar a LOMCE

Afirmación na Inclusión. Non á discriminación da familia de Lalín.

cara a inclusion

Estes últimos días é noticia o colexio Manuel Rivero de Lalín, como o lugar onde un grupo de familias decidiron non levar aos seus fillos e fillas a clase durante un par de días, como medio de protesta para conseguir o traslado a un centro de educación especial dun neno con necesidades específicas de apoio educativo, que é o seu compañeiro de aula,  e que, segundo esas familias,  complica o desenvolvemento normal das clases.

Dende a Confederación ANPAS GALEGAS defendemos o dereito á inclusión de todos os nenos e nenas dentro dos centros educativos ordinarios. Sigue lendo

Presentamos unha queixa na oficina da Valedora do Pobo. Demandamos o acceso á Educación Domiciliaria e Hospitalaria

Visita á valedora do Pobo

Hoxe, 18 de novembro, estivemos na oficina da Valedora do Pobo, xunto con Nieves Villar, a quen non cansamos de agradecer a súa disposición a poñerlle nome e imaxe ás nosas reivindicacións, para presentar unha queixa.

A nosa intención é que a Oficina da Valedora inicie un traballo, dende a súa privilexiada posición, para recoller información, investigar cal é a realidade, e tirar as conclusións que mereza a actual situación da educación hospitalaria e domiciliaria.

ESCRITO Á VALEDORA DO POBO

Sigue lendo

Imaxes e vídeos da cadea humana en Malpica e Compostela

 Lectura manifesto

Onte, 12 de decembro, ás 12 da mañá, estivemos en Malpica facendo unha cadea humana, reclamando unha nova normativa sobre atención educativa hospitalaria e domiciliaria; segundo vos fomos informando en anteriores  comunicados.

Estivemos acompañando a Nieves Villar, e ao seu fillo Hadrián, a quen lle agradecemos constantemente que estea personalizando esta campaña da Confederación ANPAS GALEGAS, e ofrecendo a súa imaxe para representar a todos os nenos e nenas galegos nesa situación.

Podes acceder á lectura do manifesto, a vídeos e fotos da cadea humana clicando nas seguintes ligazóns:

Galería (fotos e vídeos) da cadea humana en Malpica de Bergantiños

Lectura do manifesto na cadea humana do sábado, 12 de diciembre de 2015

Vídeo da cadea interminábel

Cadea humana das mulleres de ferro, mulleres do cerco en Compostela