Non ficamos caladas, non pertencemos a ninguén

Non ficamos caladas, non pertencemos a ninguén ANPASGALEGAS

O manifesto 25 de novembro contra as violencias machistas da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza “PAREMOS O FEMINICIDIO” comeza sinalando que a violencia de xénero é unha práctica que se remonta ao inicio da sociedade patriarcal. Durante séculos as mulleres foron asasinadas baixo o silencio e a complicidade do seu entorno social, as leis, a relixión e a cultura imperante…

Hai 25 anos, no ano 1990, a  ONU declarou, por primeira vez, que a violencia contra as mulleres era o crime máis encuberto do mundo. Porén, na nosa sociedade aínda perdura a idea de que a violencia exercida contra a muller, sobre todo se quen a exerce é a súa parella, é un asunto privado.

A violencia considerada como un asunto privado deixou de ser invisible para a sociedade e para as institucións, grazas ao esforzo, á denuncia e a constancia dos movementos de mulleres e do feminismo. Persoas expertas na violencia de xénero afirman que está directamente relacionada co poder e a xerarquía, coas relacións asimétricas de poder entre homes e mulleres.

O manifesto afírmase que estamos vivindo día a día un feminicidio contra o empoderamento feminino. Homes que asasinan as mulleres motivados polo odio, desprezo, pracer ou por un sentimento de propiedade. Homes que a través da violencia tentan impedir a liberdade das mulleres. Feminicidio que a sociedade contempla narcotizada, acostumada aos titulares informativos  da aparición doutra muller ”morta” a mans da súa parella ou ex-parella, en vez de falar de asasinatos.

Facemos nosas as expresións de rexeitamento da violencia contra as  mulleres, queremos apoiar e alentar a resistencia e a rebeldía  para construír un mundo novo, unha vida libre de violencias para as actuais e as futuras xeracións de mulleres.

Unha reflexión sobre “Non ficamos caladas, non pertencemos a ninguén

  1. Pingback: Resumo do ano 2015. O traballo realizado na confederación ANPAS GALEGAS en defensa do Ensino Público | Confederación de Anpas Galegas

Deixar unha resposta