ANPAS GALEGAS: a nosa visión do sistema educativo non coincide coa de José Antonio Marina.

Javier Sánchez, ANPAS GALEGAS

O presidente da Confederación ANPAS GALEGAS, Javier Sánchez, sinala que a postura de J.A. Marina é un intento máis de desprestixiar o Ensino Público, ademáis dunha perversión

No programa “El coruñés opina” o presidente da confederación ANPAS GALEGAS  afirmou que é necesario dotar, en primeiro lugar, ao sistema educativo dos medios e recursos necesarios, e aos docentes da formación (inicial e continua) precisa, ademáis de ponderar as súas condicións de traballo dentro e fóra do aula, antes de facer outro tipo de avaliacións.

Despois poderemos avaliar, pero iso si, para coñecer onde están os problemas e as virtudes para mellorar o sistema. Entendemos que as e os docentes son unha peza mais dentro do complexo sistema educativo, moi importante, mais non a única, polo tanto cargar sobre eles a responsabilidade do éxito ou o fracaso do sistema educativo é unha perversión.

Na educación non existen protocolos de actuación que reduzan a súa labor a dous ou tres marcadores, senón un ambiente sistémico de elementos ligados con tantos outros. Facer plana a realidade educativa para realizar unha simple cuantificación resultaría enormemente empobrecedor .

Javier Sánchez, presidente da confederación ANPAS GALEGAS

Ligazón ao programa “El Coruñés opina”

 

Deixar unha resposta