Asemblea xeral da confederación ANPAS GALEGAS do 27 de novembro de 2015

ültima reunión do 2015

Tivemos en Compostela a, previsiblemente, última xuntanza ordinaria deste ano 2015, nesta ocasión adiantámola unha semana para evitar a coincidencia con outras  datas comprometidas.

Comezamos a xuntanza agradecendo a presenza de tres novas incorporacións, Lola, Isabel e Lorena, que viñeron representando ás federacións da Costa da Morte, Lugo e Ferrolterra. Está ben incorporar novas caras, no mundo das ANPAs un dos grandes problemas é a renovación, pola dificultade que hai nestes tempos en atopar xente comprometida que teña tempo dispoñible para traballar; pero vese que si que a hai. Benvidas! Sigue lendo

Non ficamos caladas, non pertencemos a ninguén

Non ficamos caladas, non pertencemos a ninguén ANPASGALEGAS

O manifesto 25 de novembro contra as violencias machistas da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza “PAREMOS O FEMINICIDIO” comeza sinalando que a violencia de xénero é unha práctica que se remonta ao inicio da sociedade patriarcal. Durante séculos as mulleres foron asasinadas baixo o silencio e a complicidade do seu entorno social, as leis, a relixión e a cultura imperante… Sigue lendo

Falamos co grupo popular no Parlamento Galego

 

Reunión co GPP

O 23 de novembro estivemos de novo no Parlamento para falar, desta volta, co grupo popular.

Fomos nós os solicitantes desta reunión, e nun primeiro momento iamos ir acompañando a Nieves Villar, tal e como fixemos o pasado venres na xuntanza con todos os grupos da oposición parlamentar; mais Nieves decidiu non falar con este grupo político, en coherencia co rexeitamento que o propio conselleiro mantén a ter unha reunión con ela, malia lle ser solicitada en numerosas ocasións e por diferentes medios. Sigue lendo

Entrevista a Javier Sánchez, presidente de ANPAS GALEGAS

No programa “espacio aberto” falou, entre outros temas, da función das ANPAs, de como debe ser unha adecuada xestión dos comedores escolares; da necesidade de aprobar unha normativa  lexislativa que permita a correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade; dos recortes escolares, da situación do colexio Recemil…

Fomos ao Parlamento falar dunha nova regulación da atención educativa domiciliaria

Visitamos o Parlamento Galego con Nieves

Este vinte de novembro estivemos no Parlamento de Galicia e falamos cos grupos da oposición parlamentar; con Nieves Villar e co seu fillo Hadrián, e cos representantes desta confederación estiveron os deputados do do BNG, grupo mixto, PSG e AGE. Sigue lendo

Iremos ao Parlamento Galego, con Nieves, o 20 de novembro

De visita institucional á consellaría de Educación da Xunta de Galiza

O próximo venres, 20 de novembro, iremos ao Parlamento acompañando a Nieves Villar; falaremos con todos os grupos da oposición parlamentaria.

 O luns seguinte, 23 de novembro iremos tamén a falar co grupo parlamentario popular; así o decidiron eles, nós non temos preferencias de datas. A esta reunión non pode asistir Nieves. Sigue lendo