Día do Ensino: a difícil tarefa de participar na Educación

Día do Ensino

Día do Ensino

Hoxe, 30 de outubro, é o día do Ensino; e o conselleiro de educación lémbranos que é unha xornada no que toda a sociedade bota unha ollada ao seu redor, revisa e renova o compromiso coa instrución e coa formación; pero realmente só é unha xornada non lectiva, onde ninguén olla para ningures porque as canles de revisión e renovación están pechadas, como os colexios nun día como hoxe, no que por ser a súa festa deberían estar abertos a toda a comunidade educativa para utilizalos como lugar de reflexión, debate e traballo sobre o ensino que queremos, e sobre o ensino que estamos facendo. Sigue lendo

Modificamos os nosos números de teléfono de contacto

teléfonoApas Galegas Facebook

Prezadas compañeiras e compañeiros:

Énos grato comunicarvos que a partir do día de hoxe, 28 de outubro, modificamos un dos  nosos números de teléfono de contacto. Podedes comunicarnos con nós chamándonos aos seguintes números:

667 070 072  –  610 616 968

ou a través dos seguintes correos electrónicos:

correo@anpasgalegas.org

anpasgalegas@gmail.com

Sen outro particular, recibide un cordial saúdo.

Confederación ANPAS GALEGAS

Coidado co electoralismo: o protocolo de atención domiciliaria dentro da estratexia de convivencia escolar

¡Coidado co electoralismo

Lemos na prensa de hoxe, 22 de outubro, que a Xunta aprobará “en breve” un protocolo de atención domiciliaria dentro da estratexia de convivencia escolar, o que volve a traer á luz unha noticia que a propia consellaría de educación publicou na súa web o pasado día once.

Na Confederación ANPAS GALEGAS por suposto que demandamos unha nova normativa, non simplemente un protocolo, que deixe sentadas as bases dunha atención hospitalaria e domiciliaria eficaz e moderna. Sigue lendo

Iniciamos a campaña de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención educativa hospitalaria e domiciliaria

Campaña ANPAS GALEGAS de concienciación e reivindicación na procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria - copia

Iniciamos unha campaña de concienciación e reivindicación, dirixida á procura dunha correcta atención hospitalaria e domiciliaria para aquelas nenas e nenos que non poidan asistir a clases por razón de longa enfermidade.

Este é un problema no que comezou a traballar hai xa máis dunha década a Federación Olívica de ANPAs, FOANPAS, membro fundador desta Confederación, e que deu lugar a unha normativa que no seu momento fora unha gran conquista social. Sigue lendo

Acordos adoptados na reunión coa comisión NEAE da Costa da Morte

????????????????????????????????????

A reunión de ANPAS GALEGAs coa comisión NEAE da Costa da Morte que tivemos este pasado venres, en Carballo, foi excelente. A empatía, o desexo colectivo de mellorar as cousas encheu a estancia.

Cando falamos das comisións NEAE  todas e todos sabemos que teñen moita carga dos problemas que cada familia leva ao lombo, moita personalización lóxica e comprensible pero, tamén, moitas gañas de traballar por tod@s e para tod@s. E ese ambiente é ben agradable respiralo. Sigue lendo

ANPAS GALEGAS demanda que se garanta a atención educativa domiciliaria nos casos de enfermidade

Escola na casa

SR CONSELLEIRO DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

Anda estes días na prensa un caso de excepcional dureza: unha nai que ten que reclamar a atención educativa domiciliaria  para o seu fillo enfermo de cancro; semella que a dureza á que nos referimos é o cancro que padece o rapaz, máis non, a dureza está na necesidade de ter que reclamarmos aquilo que constitúe un dereito e máis aínda cando o suxeito deste dereito é un neno. Sigue lendo