Comezamos un novo curso 2015-2016 (II)

camisola ANPAS GALEGAS

Defendemos un Ensino Público GRATUÍTO :

As moitas veces que levamos falado desta reivindicación en público, nos medios de comunicación ou nas xuntanzas coas administracións ou con outras organizacións sociais,  semella para moitos que só estamos afirmando o que xa temos, un ensino público que non supoña un custo para as familias en forma de factura ao final do mes, en contraposición ao actual ensino privado.

Porén non é iso o que defendemos, ou non é só iso, entendemos que a gratuidade do ensino significa a cobertura de todas as necesidades que na sociedade consideremos imprescindibles para a correcta formación da nosa xuventude na etapa que definimos como ensino obrigatorio e por iso non cremos que o actual sistema de ensino público se poida considerar gratuíto dende o momento en que as familias estamos a pagar unha parte moi importante del. Sigue lendo

Aprobada en Ferrol a moción da Confederación ANPAS GALEGAS sobre o sistema de libros de texto

Ferrol libros de texto

Aprobada en Ferrol a moción da Confederación ANPAS GALEGAS e da Federación de ANPAS de Ferrolterra esixindo á Xunta de Galiza a volta ao sistema de préstamo universal, solidario e gratuíto de libros de texto e material escolar. Presentou a mesma o presidente da Confederación Anpas Galegas Javier Sánchez.

Contamos co apoio de  Ferrol en Común, BNG e PSOE.

Comezamos un novo curso 2015-2016 ( I)

????????????????????????????????????

Estamos xa co novo curso en marcha, primaria xa comezou a traballar e secundaria e bacharelato hano facer nos vindeiros días; semella que é necesario facer tamén unha entrada de benvida neste noso blog, un “aquí seguimos”, que dea o disparo de saída a esta carreira de fondo cal é o noso empeño de que o Ensino Público Galego acade o nivel que merecen os nosos fillos e fillas,  e non existe un nivel máis alto ca ese.

Nós, a Confederación ANPAS GALEGAS, imos comezar o noso terceiro curso de vida “formal”, e queremos facelo lembrando cal son os nosos sinais de identidade, e de que maneira o traballo dos nosos gobernos, o español e o galego, van sementando atrancos constantes na súa normalización; e se falamos de atrancos esta entrada pode facerse moi longa, así que imos dividila en varios capítulos, que iremos publicando.

Diciamos na nosa presentación que defendemos un Ensino Público GALEGO : Sigue lendo

Relixión en bacharelato e as axudas de libros en setembro

libros-de-texto

Comezamos un novo curso escolar xa en infantil e primaria, e pronto habemos comezalo en secundaria e bacharelato; coma ven sendo cotián nos últimos anos, o principal problema deste comezo de curso é a insuficiente dotación de profesorado, que provoca rateos en moitísimas ocasións por riba do establecido legalmente, que provoca desatención para as necesidades especiais e que impide ese punto de atención suplementaria que faría que moitos dos nosos alumnos e alumnas se incorporasen con normalidade ao ritmo dos seus compañeiros e compañeiras, no canto de ser suxeitos fáciles do fracaso escolar.

Porén, hoxe quixeramos facer fincapé en dúas cuestións que, malia ser moi diferentes, constitúen, por urxentes e localizadas,  unha problemática que podería ter unha moi doada solución: Sigue lendo