Participación de Anpas Galegas no programa de debate da SER A Coruña

Fernando Lacaci na SER

Participaron Fernando Lacaci, en representación da Confederación Anpas Galegas, a maior confederación de ANPAs existente en Galicia; Suso Bermello, do sindicato maioritario de educación en Galicia, CIG-Ensino; María José Piñeiro, da ANPA Sagrada Familia da Coruña; Helena Gómez, representante de CONFAPA en Galicia e Rafael Rodríguez da asociación provincial de equipos directivos de colexios públicos.

Previamente preséntase unha grabación do Director Xeral de Centros da consellería de Educación, JM Pinal.

A confederación Anpas Galegas reitera que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a libros de texto. Por iso, queremos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar e iniciamos unha campaña para que a consellaría de Educación da Xunta de Galicia volte ao necesario sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto.

 

 

2 reflexións sobre “Participación de Anpas Galegas no programa de debate da SER A Coruña

  1. Iso de non participar no debate en tempo real di moito dos nosos xestores “educativos”.

    Todos cortados polo mesmo patrón: traballan coa pantalla de plasma.

  2. Pingback: POLA GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO | Anpa IES Plurilingüe de Ames

Deixar unha resposta