As razóns das nosas mobilizacións e manifesto para as concentracións

O vindeiro luns 15 de xuño, ás 20:00 horas,  terán lugar varias concentracións ao longo do noso País nas que, ademais  de reivindicar o sistema de préstamo universal  dos libros de texto e o material escolar, se protestará pola implantación, por parte da consellería de Educación,  do sistema de axudas mínimas e o ficticio fondo solidario.

Subimos as intervencións de Fernando Lacaci, vicepresidente e portavoz de Anpas Galegas, en Radio Voz (minuto 25:50) e de Javier Sánchez, presidente de Anpas Galegas, en Tv Ferrol que resumen as razón das nosas mobilizacións.

Clica en reproducir e na imaxe para acceder ás dúas intervencións

INFORMATIVO 11 06 2015 (1)

Manifesto para as mobilizacións

O Ensino Público é unha realidade  imprescindible na nosa vida, é a garantía de que os nosos fillos e fillas terán futuro, e que todas e todos o terán  nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos. Para que isto sexa así nós, as familias, traballamos todos os días, para que o Ensino Público mellore constantemente e para que ninguén quede fóra del.

Nós sabemos que no Ensino Público non pode haber diferenzas porque queremos que os nosos fillos e fillas medren en igualdade,  e porque entendemos que a súa educación debe estar ao marxe das diferenzas económicas, por iso defendemos sempre que TODO o ensino público ten que ser gratuíto, e podemos dicilo e esixilo porque nós, a xente deste País, somos quen aportamos cos nosos impostos todo o diñeiro público, e debemos ser nós tamén quen decidamos en que e como se vai utilizar ese diñeiro.

Pero é necesario que aqueles a quen escollemos para que organicen a administración da vida en común actúen de acordo co que nós decidimos, porque foi para iso para o que os escollemos, e escoiten e entendan que:

  • Todos os nenos e nenas desta Nosa Terra teñen dereito a un ensino público gratuíto
  • Dentro dese ensino público gratuíto teñen que estar incluídos todos os libros de texto.
  • Identificamos libros de texto con calquera material didáctico adaptado que calquera neno ou nena poida necesitar, e reclamamos tamén a súa gratuidade.
  • Eses libros e material son de todos, e queremos recibilos só en préstamo mentres os necesiten os nosos nenos e nenas, para que logo volvan aos seguintes e así mentres sexan utilizables.

E repetímolo, por se non se nos entende:

As FAMILIAS E AS ANPA QUE FORMAMOS A FEDERACIÓN… E A CONFEDERACIÓN ANPAS GALEGAS

ESIXIMOS A VOLTA A UN SISTEMA DE PRÉSTAMO UNIVERSAL E GRATUITO DO LIBROS DE TEXTO OU DO O MATERIAL QUE OS SUBSTITÚA,  SEN QUE DEPENDA DAS RENDAS DAS FAMILIAS, SENÓN QUE SEXA O MESMO PARA TODO O ALUMNADO GALEGO.

ESIXIMOS TAMÉN A GRATUIDADE ABSOLUTA, SEN QUE DEPENDA DE NINGUNHA CONDICIÓN PERSOAL NIN ECONÓMICA, DE TODO O MATERIAL DIDÁCTICO ADAPTADO QUE PRECISE CALQUERA NENO OU NENA GALEGOS.
Concentracion Anpas Galegas1Concentración Anpas Galegas2

 

 

Unha reflexión sobre “As razóns das nosas mobilizacións e manifesto para as concentracións

  1. Las editoriales que publican los libros de texto deberían sentir la presión social en lo que a los libros de texto se refiere. Opino que tienen bastante que ver con lo que sucede con los libros. Si en cada curso cambian el formato del libro, o lo compras, o no sirve el que se usaba dos años atrás (por ej.).

Deixar unha resposta