Respondendo a J. M. Pinal, director xeral de centros da consellería de Educación

????????????????????????????????????

O xornal “La Voz de Galicia” publicou o pasado domingo unha entrevista ao director xeral de Centros da consellería de Educación, José Manuel Pinal, no que pon na súa boca unhas afirmacións que quixeramos respostar.

1.-  En Galicia existen dúas confederacións de ANPAs de centros públicos, con diferente ámbito xeográfico e moi identificadas en cadansúa zona, cando o sr. Pinal fala de que “unha das confederacións di en privado o contrario do que manifesta publicamente” está abrindo sobre as dúas a dúbida sobre ese comportamento.

Na Confederación ANPAS GALEGAS, e sen poñer en dúbida a actuación da outra confederación que responderá pos si propia, todo o que dicimos está publicado para que o lea calquera que o desexe, e as nosas intervencións públicas responden sempre á mesma liña de traballo, que tamén temos publicada. Sigue lendo

Participación de Anpas Galegas no programa de debate da SER A Coruña

Fernando Lacaci na SER

Participaron Fernando Lacaci, en representación da Confederación Anpas Galegas, a maior confederación de ANPAs existente en Galicia; Suso Bermello, do sindicato maioritario de educación en Galicia, CIG-Ensino; María José Piñeiro, da ANPA Sagrada Familia da Coruña; Helena Gómez, representante de CONFAPA en Galicia e Rafael Rodríguez da asociación provincial de equipos directivos de colexios públicos.

Previamente preséntase unha grabación do Director Xeral de Centros da consellería de Educación, JM Pinal.

A confederación Anpas Galegas reitera que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a libros de texto. Por iso, queremos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar e iniciamos unha campaña para que a consellaría de Educación da Xunta de Galicia volte ao necesario sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto.