As razóns das nosas mobilizacións e manifesto para as concentracións

O vindeiro luns 15 de xuño, ás 20:00 horas,  terán lugar varias concentracións ao longo do noso País nas que, ademais  de reivindicar o sistema de préstamo universal  dos libros de texto e o material escolar, se protestará pola implantación, por parte da consellería de Educación,  do sistema de axudas mínimas e o ficticio fondo solidario.

Subimos as intervencións de Fernando Lacaci, vicepresidente e portavoz de Anpas Galegas, en Radio Voz (minuto 25:50) e de Javier Sánchez, presidente de Anpas Galegas, en Tv Ferrol que resumen as razón das nosas mobilizacións.

Clica en reproducir e na imaxe para acceder ás dúas intervencións

INFORMATIVO 11 06 2015 (1)

Manifesto para as mobilizacións

O Ensino Público é unha realidade  imprescindible na nosa vida, é a garantía de que os nosos fillos e fillas terán futuro, e que todas e todos o terán  nas mesmas condicións e cos mesmos dereitos. Para que isto sexa así nós, as familias, traballamos todos os días, para que o Ensino Público mellore constantemente e para que ninguén quede fóra del. Sigue lendo