Acordos da última Asemblea de ANPAS GALEGAS en Compostela

 

Reunión da Confederación de ANPAs GALEGAS

Reunión da Confederación de ANPAs GALEGAS

O 26 de xuño de 2015 tivemos a última reunión do curso escolar 2014-2015, aínda que iso non quer dicir que esteamos de vacacións porque neste noso eido de traballo os gobernos adoitan utilizar os períodos non lectivos para facer cambios legais e publicar normativas e disposicións, ese é o carácter democrático da actual administración educativa. De feito onte mesmo, 29 de xuño, publicouse o curriculum de Secundaria e Bacharelato; e tiveron máis dun ano para facelo.

Volvendo á nosa xuntanza; solucionamos uns cantos detalles prácticos: Sigue lendo

Asemblea de Anpas Galegas, coincidente co peche de curso

????????????????????????????????????

Estamos en días de moitos cambios e novidades, traballando a conciencia, con empeño e responsabilidade. Por iso, a vindeira reunión de Anpas Galegas (Santiago de Compostela, venres 26 de xuño, ás 18:00h.) tampouco vai ser unha reunión de trámite burocrático administrativo que se podería pensar para a finalización do curso escolar. Este ano escolar foi ben axitado, polas consecuencias negativas da aprobación de inxustas medidas gobernamentais.

Aprobados os puntos da orde do día que se presentarán na sesión para o seu debate, asistiremos con gañas de continuar traballando – que estamos facendo moito pero queda moito por facer – e remataremos coa liquidación do orzamento do curso que acaba de pechar a porta. Este último si é un tema de trámite, pero tampouco pode quedar pendente.

Respondendo a J. M. Pinal, director xeral de centros da consellería de Educación

????????????????????????????????????

O xornal “La Voz de Galicia” publicou o pasado domingo unha entrevista ao director xeral de Centros da consellería de Educación, José Manuel Pinal, no que pon na súa boca unhas afirmacións que quixeramos respostar.

1.-  En Galicia existen dúas confederacións de ANPAs de centros públicos, con diferente ámbito xeográfico e moi identificadas en cadansúa zona, cando o sr. Pinal fala de que “unha das confederacións di en privado o contrario do que manifesta publicamente” está abrindo sobre as dúas a dúbida sobre ese comportamento.

Na Confederación ANPAS GALEGAS, e sen poñer en dúbida a actuación da outra confederación que responderá pos si propia, todo o que dicimos está publicado para que o lea calquera que o desexe, e as nosas intervencións públicas responden sempre á mesma liña de traballo, que tamén temos publicada. Sigue lendo

Participación de Anpas Galegas no programa de debate da SER A Coruña

Fernando Lacaci na SER

Participaron Fernando Lacaci, en representación da Confederación Anpas Galegas, a maior confederación de ANPAs existente en Galicia; Suso Bermello, do sindicato maioritario de educación en Galicia, CIG-Ensino; María José Piñeiro, da ANPA Sagrada Familia da Coruña; Helena Gómez, representante de CONFAPA en Galicia e Rafael Rodríguez da asociación provincial de equipos directivos de colexios públicos.

Previamente preséntase unha grabación do Director Xeral de Centros da consellería de Educación, JM Pinal.

A confederación Anpas Galegas reitera que o sistema imposto pola consellería de Educación non garante que todo o alumnado teña dereito a libros de texto. Por iso, queremos a volta ao sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto e material escolar e iniciamos unha campaña para que a consellaría de Educación da Xunta de Galicia volte ao necesario sistema de préstamo universal e gratuíto de libros de texto.

 

 

Xuntanza da Confederación Anpas Galegas na consellería de Educación: o goberno négase ao diálogo e a solucionar os problemas educativos

????????????????????????????????????

O pasado venres 19 de xuño tivemos unha reunión con varios dirixentes da consellería de educación, por parte da nosa Confederación asistiron o presidente, Javier Sánchez; o vicepresidente, Fernando Lacaci; e a tesoureira, Bertila Fernández. Por parte da consellería estiveron José Manuel Pinal, director xeral de centros e recursos humanos, Manuel Corredoira, director xeral de educación, formación profesional e Innovación Educativa; e Jesús Oitavén, secretario xeral técnico da consellería de cultura, educación e ordenación universitaria. Sigue lendo

Rolda de masas coa participación de Anpas Galegas

Todos xuntos

Comeza a presentación e, sen voltas, sinalamos que a Xunta de Galicia leva sete anos dando paos de cego ao redor dos libros de texto, abandonou o sistema de préstamo universal e gratuíto, que funcionaba co acordo e satisfacción da comunidade educativa, e comezou a derivalo a un tratamento de necesidade social. Porén, os libros de texto non son un obxecto que precise dunha cobertura asistencial; son material didáctico que complementa ese ensino sostido por fondos públicos que, segundo di a Constitución, debe ser gratuíto; por iso deben ser para todas e todos. A partir dese momento veñen as preguntas, e respondemos…